miércoles, 24 de febrero de 2010

FATA DO CARALLO!!

Tiña que desfogar......


Luis Zahera


Onte fomos a ver ao cine Celda 211. Fantástica, trepidante, etc, etc.....Pero se non o digo, vou estoupar, hehehe: ¿Por que motivo o traballo de Luis Zahera non foi nominado a ningún premio? Paréceme INEXPLICABLE. Está tan grande ou máis que Tosar e dende logo moitísimo máis que, por exemplo, a actriz de reparto que levou o Goya....Ai, que país este.....

lunes, 22 de febrero de 2010

El secreto del calígrafo


Este fin de semana he vuelto a deleitarme con la escritura de Rafik Schami. Hace tiempo os hablé de El lado oscuro del amor. El secreto del calígrafo vuelve a estar ambientado en la Damasco de los años 50. Otra vez una historia de amor prohibida entre una musulmana y un cristiano, otra vez aromas, sabores, olores.....y escritura. Hamid Farsi es un calígrafo afamado que mantiene una lucha por reformar la lengua árabe (cuyo alfabeto se ha mantenido inalterable durante mil años). Se entiende una metáfora de la necesidad de ciertas reformas a la vez en ciertos aspectos de su modo de vida: Rafik aboga por una separación imprescindible de la religión y el Estado y cómo no, del trato a las mujeres. «Sigo teniendo la esperanza de que las mujeres nos salven», dice el escritor que asegura tener en mente a sus lectores árabes cuando habla del trato a las mujeres en estos países como uno de los grandes problemas de sus sociedades: «El mundo árabe rechaza a menudo al 50% de su población. Nos faltan esos maravillosos seres pensantes que son las mujeres y con medio cuerpo no se puede subir una escalera, en este caso la escalera de la civilización».
Pero ante todo, el autor nos muestra los aspectos más bellos del mundo árabe, que en estos tiempos que corren no suelen ser ensalzados y que no debemos olvidar: su sensualidad, su pasión, su mundo lleno de diversidad y cultura inagotables....


sábado, 20 de febrero de 2010

Preocupante


Ademais da repugnancia que me inspira este tiparraco, preocúpame seriamente ver aos universitarios berrando Aznar presidente.A xuventude neste momento parece ser, e tamén me baseo na miña propia experiencia, máis próxima a dereita, neste caso á extrema dereita, e así, na miña modestia opinión, mal vamos.

domingo, 14 de febrero de 2010

36


Coma todos os anos, mentres a vós vos choven regaliños de amor, a min cáenme 36........

lunes, 8 de febrero de 2010

O LOBO

Félix Rodríguez de la Fuente ayudó a cambiar nuestra visión de los lobos




Foi do meu pai de quen herdei, ou aprendín, o meu amor polos animais. A miña nai é das que nunca lle faría dano a ningún pero, eles alí e eu aquí.....Meu pai non, gustáballe moito ,coma min, acaricialos e mimalos.....Pero el tiña ese medo atávico aos lobos inculcado na súa infancia...era absoluto pavor. Recordo cando botaron o capítulo de Félix Rodríguez na tele. É desas cousas que un ten gravado na cabeza a lume. Lembro que o meu pai me dixo que aquilo era trampa, que seguro que Félix Rodríguez criara aqueles lobos que comían apaciblemente das súas mans.....que os do monte non eran así. Pero admiraba moito ao naturista e aquel programa tamén calou fondo para el. É difícil combatir unha fobia desas (eu téñolla ás serpes) pero houbo moita xente que se replantexou ese mito oscuro e tenebroso do Xau, do tío Pedro, do da boca oscura,..... Canto lle debe o lobo a ese ser fabuloso, pese as moitas críticas que aínda se oen hoxe e que a min me enferman, a ese home que non debería haber morto tan cedo e que tanto nos ensinou a toda unha xeración acerca da fauna ibérica.

lunes, 1 de febrero de 2010

Verme cerebral

No ensaio de Oliver Sacks, titulado Musicofilia, fálase dun fenómeno moi habitual: o feito de repetirse un fragmento musical de maneira patolóxica na nosa cabeza, de xeito incesante e desesperante....A isto se lle chama verme cerebral. Sacks asegura que unha das maneiras de acabar con este proceso é cantar a canción conscientemente e ata o final (probaremos, a ver). Os vermes cerebrais responden a un carácter estereotipado que a maioría dos grandes productores musicais coñecen e explotan.
O caso é que Sacks nos remite á nosa etapa de cazadores recolectores, cando reproducir e aprender de memoria os sonidos da natureza resultaba crucial para a nosa supervivencia. Esa repetición de patróns aínda segue activándose, involuntariamente, hoxe en día.

O caso é que a min, non sei a vós, sempre me pasa con temas que non soporto, raiantes.....E pásame moito.....Entre que estou día e noite escoitando o radio e que a min a música sempre me chama a atención....En fin, a última vez que me atacou o verme foi con este tema espantoso, que realmente non sei onde o escoitei:





wege,wege,wege.......wege,wege......