sábado, 29 de mayo de 2010

Retirada por uns días

Son días de moito curro....Tardarei un pouco en retomar o blog... Déixovos na compaña da miña admirada Lila Downs e unha curiosa versión de El Quinto Regimiento.......

miércoles, 19 de mayo de 2010

Fermosa historia



Basicamente, Damian criou ao pequeno gorila nun centro de recuperación en Gran Bretaña. Hai cinco anos que liberaron ao mesmo na selva de Gabon e Damian vai intentar rencontrarse con el. As imaxes falan por si soas.....

lunes, 17 de mayo de 2010

Muller para lonxe




Uxío e Fuxan.....¡Feliz día das fermosas Letras Galegas!!

domingo, 9 de mayo de 2010

Rafael

Esta semana houbo unha noticia que me emocionou profundamente: foi ver a Rafael, o segundo trasplantado de cara na España, dicir ante as cámaras que cando se viu no espello, tras a operación, sentiu alegría.

Neste mundo no que nos bombardean con superficialidades e nos fan sentir culpables ao mínimo canon estético que non cumprimos, un comparecencia como a de Rafael é absolutamente necesaria para pararnos a reflexionar sobre a importancia ou non das cousas. Esta noite escoitei unha entrevista co ciruxán xefe do hospital onde se levou a cabo a operación. O proceso é alucinante, dende a planificación ata a realización. Foron 24 horas de traballo continuado no que ningún dos membros do equipo abandoou o quirófano en ningún momento. A implicación emocional co paciente era grande, dende pequeno sofría eses terribles danos no texido facial, sometérase xa a 20 operacións e se atopaba nun camiño sen saída.

Ademais é moi importante que a xente vexa a importancia das doazóns. Todavía hai moitísimos prexuízos absurdos ao respecto. É incrible, pero certo. Algúns aínda pensan resucitar en corpo e alma e non están polo labor.

Esperemos que a felicidade de Rafael, ao ter un rostro e ao recoñecerse nel, sirva para que todos seamos un pouco menos egoístas e superficiais.