(Para ver ben a imaxe clicade nela)
Atopei esta árbore de incomprensión hoxe vía Menéame. É moi curiosa. Cando nós non entendemos algo dicimos que soa a chino. Para un inglés soa a grego,a un grego sóalle a árabe, a un árabe, a hindi, e a un chino.....á lingua dos deuses!! Pero como podedes apreciar na imaxe, o chino é a lingua imcomprensible por excelencia (calquera día vos conto a miña experiencia persoal estudiando esta lingua...)Aínda que tamén me chamou a atención que para os croatas, checos e macedonios o incomprensible soa a español!!