domingo, 15 de marzo de 2009

Excomulgada

La Iglesia Católica ha excomulgado a una niña de nueve años violada por su padrastro y a su madre por autorizar la interrupción de un embarazo de altísimo riesgo, además de evitar la terrible secuela psíquica. Al violador no lo ha excomulgado, no. Era el que defendía la vida de los bebés (eran gemelos).
Sinceramente, deseo que la Iglesia siga por esos derroteros...... espero que consigan el desprecio absoluto que se merecen y se han merecido siempre.

Artículo de hoy en El País

viernes, 13 de marzo de 2009

Alegría



Teño un bo amigo que tende a ver as cousas dende outro prisma sempre. Hoxe pola mañá dixo con respecto a estas imaxes (que a min me poñen os pelos como escarpias) que fai falta mais xente con esa alegría e seguridade en sí mesma no traballo....

domingo, 8 de marzo de 2009

Hacia el amanecer


Hacia el amanecer é un libro de Michael Greenberg onde o autor relata en primeira persoa a súa experiencia coa súa filla Sally, enferma bipolar dende os 15 anos. É realmente conmovedor. A loita de ambos, pai e filla, por comprender a fraxilidade humana, a búsqueda de porqués, o terrible dos efectos da medicación, os centros de internamento....Hai meses lin Mi mente es mi enemigo un ensaio sobre enfermidades mentais que recomendo a todo aquel que lle apeteza acercarse a estes desaxustes da personalidade e entendelos e comprender a quen os padeze....Non está de mais, de vez en vez, botar unha ollada ó lado mais oscuro e incomprendido do ser humano.

sábado, 7 de marzo de 2009

Comunicado

Por xentileza de SENDA (moitas grazas). Sinto moito que haxa xente á que lle molesten estes manifestos. Eu, dende logo, castelán parlante ou galego parlante dependendo do que me pete, síntome na obriga moral de difundilo.

COMUNICADO DE PRENSA

Resposta da CIG-Ensino ás declaracións do PP contra a nosa lingua no ensino


Diante da actitude belixerante contra o galego, manifestada polo secretario xeral do PP e próximo presidente da Xunta de Galiza que chegou a anunciar a futura derrogación do Decreto 124/07 de uso e promoción da lingua galega no ensino, a executiva da CIG-Ensino acordou, na reunión mantida hoxe, día 4 de marzo, manifestar o seguinte:


  1. Sería inaudito e a primeira vez na historia que un presidente dun país, que acaba de ser electo, anuncie como primeira medida a tomar unha proposta en contra da lingua propia, malia estar totalmente marxinada no sistema educativo e cuns índices mínimos en canto ao seu uso.

  2. Alén do uso electoralista que se fixo dunha fabulada persecución da lingua forte, o español, invertendo a realidade, o PP marca como obxectivo no seu propio programa acadar un ensino trilingüe. Como se entende entón que se queira derrogar un decreto que o único que estabelece é que o 50% das materias se impartan na lingua galega e que o alumnado acade a mesma competencia en galego que en castelán, ao remate dos seus estudos.

  3. Pretende confundir a sociedade, apelando, demagoxicamente, á liberdade, cando o noso idioma non goza dos mesmos dereitos na Galiza que ten o Español. Todos sabemos que a aprendizaxe no noso idioma estivo proscrito e perseguido durante séculos e que, historicamente, é o único idioma asoballado e discriminado

  4. Todos os docentes sabemos que mesmo aquel alumnado que recibe maioritariamente a docencia en Galego, unha minoría insignificante, remata os estudos con máis competencia en español que en galego e que a escola é un espazo de desgaleguización tal e como o proban as estatísticas que constatan que hai un maior número de alumnado que entra falando en galego que o que sae falando na nosa lingua.

  5. Un presidente dun país non pode borrar os sinais de identidade máis importantes que ten ese país, comezando por derrogar as normas que tratan de amparalos e promovelos. O noso idioma, sinal fundamental de identidade, é usado por un 40% menos de mozos e mozas que a xeración dos seus avós, polo que só desde posicións que perseguen a súa desaparición se pode entender que a única lexislación existente que vela pola súa normalización se abandone á lei do máis forte, sobre todo se temos en conta que esta lexislación só aspira a que a nosa lingua chegue ao 50% das materias.

  6. Só desde unha perspectiva antigalega e unha mente colonizada se pode ver como un demérito a presenza da nosa lingua, a non ser que se pretenda a súa desaparición

  7. Que non se esqueza que o Parlamento galego aprobou por unanimidade, tendo o PP maioría absoluta, co voto favorábel de Núñez Feijoo como parlamentario e vicepresidente da Xunta nese momento, o Plano de Normalización Lingüística que recolle nas medidas 2.1.26 á 2.1.30 que “como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego”.


A CIG-Ensino quere facer público que o futuro presidente ten a obriga de desistir das súas intencións, por seren estas impropias de quen di que quere ser o presidente de todos os galegos e galegas, do contrario a CIG-Ensino reactivaría accións e iniciativas no ámbito do ensino para impedir esta agresión ao noso idioma.

Santiago, 4 de marzo de 2009


Anxo Louzao Rodríuez

Secretario Nacional da CIG-ENSINO


jueves, 5 de marzo de 2009

Feijoo dixit


Se acabaron las galescolas. Con esta frase lapidaria comenza outra triste etapa para a lingua galega. Por que motivo non podemos ser como o resto das civilizacións que defenden a súa cultura e a súa fala? De verdade, non o podo entender.....

lunes, 2 de marzo de 2009

Querías pan....?


Pois toma dúas barras!!!

Por incrible que pareza.....aí estamos outra vez!!! Estou segura de que ni o tal Feijoo está seguro de non estar soñando.....

domingo, 1 de marzo de 2009

Agardando a que pase (ou non) algo.....



No día das eleccións, pechade os ollos e deixádevos levar por este envolvente tema, Sheep and tides, dirixido por Michael Nyman.