domingo, 12 de abril de 2009

Cubil do Lobo



Ben, pois como xa vistes algúns de vós hai algún tempo que Dani e máis eu decidimos embarcarnos nesta aventurilla de facer unha web. Vaia por diante que eu non teño nin idea disto (un par de cursos online e un libro de diseño web). Eso sí conto coa inestimable colaboración de todos eses cracks informáticos que andan por aí e que me aconsellan e me axudan (grazas a todos vós).

A idea é a de facer unha web de fotos. Fixemos un índice, que pode ser ampliado aínda, de fotos de mascotas, fauna, paisaxes, e de denuncia. De momento case todas as fotos son de Dani, pero espero que empecen a chegar colaboracións próximamente.

En fin, que a ver se vos animades e conseguimos facer unha boa colección.

A dirección de envío é cubildolobo@gmail.com.

A dirección da páxina http://www.cubildolobo.es/

E temos un pequeno blog para ir comentando as fotos que se suban http://entradacubil.blogspot.com/

Bicos a todos e grazas.

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Contade comigo para a colaboración gráfica. Será todo un pracer. Ademáis tédesme pinta de pagar ben; así que...xa falaremos do contrato ;-)

Chousa da Alcandra dijo...

...boeno, cando dixen "gráfica", estábame a referir a foto-gráfica; xa que no outro pouco podo aportar e por outra banda xa se ve moi ben ideada.
Gústame ler algo asinado por un lobo, cajonatós!

Desexo boa singladura ao novo espazo virtual.

HADEX dijo...

Gracias Chousa. Será un auténtico luxo contar coa túa colaboración.

Bicosss

Carlos Sousa dijo...

Moi boa idea, algo buscarei para colaborar con vos. Espero que a sección denuncia sexa a que menos fotos teña expostas.

Moita sorte.

Barreira dijo...

Que teñades moita sorte nesta nova singladura.
Saudos.

Raposo dijo...

¿poden os raposos ter acollida nese cubil de lobos?

Markesa Merteuil dijo...

Voume unha semaniña de vacacións e... vexo que teño deberes acumulados. Volto a semana vindeira e... con calma... leo os post i entro na web. Bicos.