lunes, 28 de septiembre de 2009

Ignorancia


Pois sí, Fátima Hassisni, se é ignorancia o feito de non comprender unha prenda ofensiva para calquera ser humano eu son unha gran IGNORANTE. A lástima é que che arrimen un micrófono para dicir estas estupideces.

6 comentarios:

Markesa Merteuil dijo...

O único que sacamos en positivo do feito de que lle deixasen dicir esto por micro é que moita xente que descoñece o que moitas mulleres viven no día a día... viron como esa non só foi condenada a tapar o rostro co burka, senón que foi adoctrinada para crer que é pola súa salvación, a súa pureza... Vemos como o ser humano é capaz de enganar a outro sobre algo que nos parece incrible... e decatámonos de que nós tamén podemos estar sendo timados aínda que non nos demos de conta.

HADEX dijo...

É unha forma de velo, pero esta historia lémbrame un libro que lin este verán, absolutamente brutal, El último patriarca de Najat el Hachmi no que se pode atisbar unha crítica da autora ás mulleres fanáticas que contribúen á educación de seres retrógados e represivos.

Barreira dijo...

Creo na liberdade de cada quen. E si ela vai así porque quere de verdade, perfecto.
Outra cousa é que sexa unha imposición, ainda que sexa relixiosa. E nese caso a culpa é de quen interpreta normas relixiosas de determinadas maneiras.
Saudos.

Chousa da Alcandra dijo...

Non hai peor cega que aquela que non quere ver.
Iso sí; tamén hai que comprender que os anos de represión e unha educación sesgada acaban por impoñer na mente humana unha idea errada como dogma e certeza absoluta.

(A min tamén me impactou moito todo o que rodeou o asunto desta muller).

Bicos de Antas

abueloscrisytoño dijo...

Eu non se que dicir?
Están ameazadas?
Non son ninguén?
Ou é que realmente necesitan que alguén as vexa?
A.Cris

Carlos Sousa dijo...

Aínda que fose visto dende o punto de visto relixioso (dende o dela), non creo que teña razón. Máis ben debe ser polo feito de non mostrala cara. Imaxínome que se a xuzgaran no seu pais, tamén tería que mostrar o rostro. Non deixa de ser unha excusa, acompañada dunhas declaracións sen xeito.