lunes, 4 de enero de 2010

Corvo non inxenuo



Estas fotos pertencen ao blog (non deixedes de visitalo) de José Luis García Larred. Polo visto o amigo corvo viaxa ao lombo do voitre, entre outras cousas para que o leve comodamente ata a carroña.

Cando lles imos dar de comer aos nosos bichiños, temos adlatere unha familia de corvos e un paporrubio que tamén se apuntan á comilona. O máis gracioso é o paporrubio, que non se corta un pelo e come boca con pico cos cans. Sen medo ningún. Os corvos son máis precavidos e andan pululando por alí, avisańdose uns a os outros cando nos ven coller o coche para irnos....

Nunca deixan de sorprender estes animais.....

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

O corvo ese ten unha liña aérea particular. E por riba non depende das foltas de controladores aéreos nin nada. Así calquera!

Bicos voadores

antonio dijo...

Muy buenas las fotos,espero que el cuervo no haya tenido que pasar por ningún scaner ni control parecido para poder viajar en tan distinguida línea aérea.
Saludos!

Raposo dijo...

Está visto que hai que ampliar o refrán: "cría cuervos y te sacarán los ojos" e viaxarán gratis ademais.
que tíos!!!!

paideleo dijo...

Incrible !. Se chegas a amosalo o 28 pasado non chocreo.

Markesa Merteuil dijo...

E os cadelos deixando que lles papen a comida. Solidariedade canina. :D

Anónimo dijo...

Extraordinarias instantaneas, mais, sabedes que o corvo, pola súa intelixencia, era un animal divinizado polos pobos célticos e xermánicos (suevos); http://anosahistoria.blogspot.com/2009/05/bran-lug-deuses-celtas-nas-terras-do.html

xenevra dijo...

Feros corvos de Xallas
que vagantes andás,
en salvaxe compaña
sen hoxe nin mañán,
quen puidera ser voso compañeiro
pola granda longal!

Pondal

deixo o enlace a un artigo do Rivas, "Dixo o corvo Nunca Máis", en que fala da figura do corvo; máis ca nada porque me gustou (glups)
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Dixo/corvo/Mais/elpepiautgal/20081107elpgal_21/Tes

Tino dijo...

Jajajaa, non sodes os únicos... creo que todos temos eses corvos nas nosas airas esperando un despiste para poñerse as botas.
Mui bo blog... e ofotos... coma sempre por outra parte!