Creo que xa vos comentei algunha vez o moito que me gustan as big bands e o swing (balancearse en inglés). Hoxe queríavos mostrar un dos meus temas preferidos e unha versión de Diego Carrasco, flamenca (dito xenéricamente) do mesmo, Hello Dolly. Sinto especial debilidade pola voz de Bobby Darin, así que aí tedes a versión máis ou menos orixinal:
E aquí a de Diego Carrasco, que é unha gozada:
E buscando os vídeos no YouTube atopei esta actuación de Liza Minelli coa súa nai, realmente emocionante:
Aínda que hoxe non podemos esquecer o gran himno de Zeca: Feliz 25 de abril!!!
3 comentarios:
Seguriño que podes lucir con mellor garbo e donaire o teu swing con calquera das tres primeiras opcións de Hello Dolly (emotiva Lizza coa súa nai); pero non podo evitar confesarche que hoxe fíxome rebulir o sangue o Grândola Vila Morena!. Viva o 25 de abril!
E que ogallá, con cravos ou caraveis chegue a revolución da lingua tamén a este lado da raia.
Un bico (con swing)
Hello Hadex!
Me gustó la versión de Diego Carrasco,me recuerda un poco a Louis Armstrong.
Felicito también a los portugueses.
Un saúdo!
Pois, que queres que che diga, no tocante a Hello Dolly eu prefiro a verxión orixinal.
Publicar un comentario