domingo, 9 de mayo de 2010

Rafael

Esta semana houbo unha noticia que me emocionou profundamente: foi ver a Rafael, o segundo trasplantado de cara na España, dicir ante as cámaras que cando se viu no espello, tras a operación, sentiu alegría.

Neste mundo no que nos bombardean con superficialidades e nos fan sentir culpables ao mínimo canon estético que non cumprimos, un comparecencia como a de Rafael é absolutamente necesaria para pararnos a reflexionar sobre a importancia ou non das cousas. Esta noite escoitei unha entrevista co ciruxán xefe do hospital onde se levou a cabo a operación. O proceso é alucinante, dende a planificación ata a realización. Foron 24 horas de traballo continuado no que ningún dos membros do equipo abandoou o quirófano en ningún momento. A implicación emocional co paciente era grande, dende pequeno sofría eses terribles danos no texido facial, sometérase xa a 20 operacións e se atopaba nun camiño sen saída.

Ademais é moi importante que a xente vexa a importancia das doazóns. Todavía hai moitísimos prexuízos absurdos ao respecto. É incrible, pero certo. Algúns aínda pensan resucitar en corpo e alma e non están polo labor.

Esperemos que a felicidade de Rafael, ao ter un rostro e ao recoñecerse nel, sirva para que todos seamos un pouco menos egoístas e superficiais.

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

A noticia foi moi impactante. Viña tamén na portada do Retroceso e, segurametne, noutros diarios tamén.
Ten que ser moi valente Rafael para amosar con esa ledicia a claridade de que somos o que levamos dentro -onde nos recoñecemos-.

Súmome a ese chamamento teu para o incremento das doazóns de todo tipo. Que xeito máis fermoso de agasallar vida, saúde e ledicia!.

Un bico (este non é doado eh; espero outro a cambio. Puro interés!! ;-) )

Markesa Merteuil dijo...

Agora a investigación debería centrarse na posibilidade de rexenerar dende un mesmo, para minimizar os posibles rechazos, xa que supoño que o medo prosigue. Hai data de caducidade para este novo rostro? Efectivamente os máis preocupámonos de naderías.