Tal e como afirmo no meu perfil, amo a música tradicional. E Mercedes Peón é unha das persoas que máis fixo por ela neste país. Recordo cando saía na TVG tódolos venres, con aquela longuísima melena levando xentes de aldeas remotas que tocaban tamén remotas cancións perdidas no tempo.
Mercedes dí que o ritmo da muiñeira é o máis antigo do mundo xa que está inspirado no ritmo cardíaco dun feto. Son envolventes ritmos telúricos nas súas propias verbas.
Se hai algo que vos recomendo encarecidamente é vela en directo: canta ,baila, toca a gaita, a pandeireta (coma ninguén) y, ás veces, o sacho coa pedra de afiar. O espectáculo que da é unha experiencia indescriptible. Aí vos deixo unha mostra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario