martes, 30 de octubre de 2007

Ares de Montillón (Pepe Vaamonde Grupo)

Ben, outra marabillosa mostra da música que se fai neste país. Pepe Vaamonde grupo. Sen comentarios. Disfrutade do vídeo e da voz de ambos intérpretes: poucas veces oiredes unhas técnicas vogais semellantes.
(XOTA)

No inferno hai unha festa, ole morena
que lle fan aos condenados, ailalala
O demo tócalle a ghaita, e ole morena
cos dentes arregañados, ailalala.

Mariñeiro non, que vai e non vén
un carreteiriño que carrete ben,
mariñeiro non que vai e non vén

O piollo e maila pulga, e ole morena
andan na herba a seghare, ailalala
velaí vai o gharrapato, e ole morena
derreado co xantare, ailalala.

Mariñeiro....

Xa vou da-la despedida, e ole morena,
por riba dunha peseta, ailalala
Aghora non canto máis, e ole morena,
que teño a gharghanta seca, alilalala.

Mariñeiro....
(MUIÑEIRA)

Montillón para cantare, Montillón para cantare, Montillón para cantare,
e anque non canta moi alto sábenno adoneirare.
Ailalalala, sábenno adoneirare.

Señor Santo San Benito, vestidiño de marelo, vestidiño de marelo
no lughar de Montillón non hai mellor caballero.
Ailalala, non hai mellor caballero.

Eu cantar non canto benhe, a ghracia teño moi pouca, a ghracia teño moi puca,
quedoume no lavadoiro cando fun lava-la roupa
ailalala cando fun lava-la roupa.

Minha soghra aforradora do que non pode ghastare, do que non pode ghastare,
e aínda ten un unto enteiro dun porco que ha de matare
ailalala dun porco que ha de matare.

Manueliño, meu amore, Manueliño meu amore, Manueliño meu amore
estudiaches para cura e saliches capadore.
Ailalala e saliches capadore.

Xa vou da-la despedida por riba dunha peseta, por riba dunha peseta,
aghora non canto máis que teño a gharghanta seca,
ailalala, que teño a gharghanta seca.



No hay comentarios: