domingo, 17 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS



O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe o que ten de seu
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que xa é meu
perdidiño pola vida rexeita a sua lingua
sabendo que ven de atrás
sabendo que ven de atrás
da nosa xente querida
ainda hoxe falámo-la!f
alámola naturalemente
falamos como a nosa xente
non nos podemos queixar.
O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe oque ten de seu
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela,
galego da tua TERRA

6 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

É unha mágoa, pero é así. Hai moita xente que renega da nosa lingua, aínda que algúns digan o contrario. Simplemente hai que darse unhas voltas polas vilas e escoitar a xente falando. Polo menos na miña zona, o castelán debe ser o que máis se usa, e dame moita rabia. E na xuventude é peor, por desgraza é como se estivera mal visto.
Non estaremos dando un paso atrás?

Esperemos que non, e isto sexa pasaxeiro.

Shucran dijo...

Parece mentira que un "galego" renegue do que é seu, pero a nazón á que se pertence é a que cada quen sinte dentro, independentemente do que poña no DNI. O que si vexo unha contradición é que alguén diga que é galego e que desprece o máis propio: a lingua e a cultura.
Saúdos ;)

Moraima dijo...

a letra da cacnión xa o di todo. Moita mágoa me dan esas persoas que renegan da súa lingua.

Apertas

Antón de Muros dijo...

Grazas por amosar o video :-)

Unha aperta dende lonxe neste día tan especial.

Antón de Muros.
Galego en Bos Aires.

Chousa da Alcandra dijo...

Resulta ben difícil de entender que haxa que renega da súa propia cultura; pero todos coñecemos casos por doloroso que nos resulte.

Hai de todo.

Friol dijo...

Isto de renegar do noso reflicte unha escasa autoestima.
É como cuspir para arriba.
Eu preguntaríalles se é que chegaron ata aquí por xeración espontánea.
En fin.
Bo día, mellor xa boa noite.