jueves, 29 de abril de 2010

Xitanos Rumanos

Penso que Wyoming é desas persoas que só pode inspirar sentimentos absolutamente extremos: ou o amas ou o odias. Eu ámoo cando vexo maldades como estas:




Algúns teñen que retorcerse de rabia, ¿non?

domingo, 25 de abril de 2010

HELLO DOLLY

Creo que xa vos comentei algunha vez o moito que me gustan as big bands e o swing (balancearse en inglés). Hoxe queríavos mostrar un dos meus temas preferidos e unha versión de Diego Carrasco, flamenca (dito xenéricamente) do mesmo, Hello Dolly. Sinto especial debilidade pola voz de Bobby Darin, así que aí tedes a versión máis ou menos orixinal:



E aquí a de Diego Carrasco, que é unha gozada:



E buscando os vídeos no YouTube atopei esta actuación de Liza Minelli coa súa nai, realmente emocionante:



Aínda que hoxe non podemos esquecer o gran himno de Zeca: Feliz 25 de abril!!!

jueves, 15 de abril de 2010

A mellor entrevista de Usun




Bufff........como recita Galiardo o prospecto do Paracetamol!!!! É que o que vale, vale!!

martes, 6 de abril de 2010

Spartacus, sand and blood

Pois esta fin de semana pasada, por razóns de causa maior, tiven que marchar para a casa da miña nai, en Becerreá. Como o tempo alí non pasa, para min a lo menos, e como afortunadamente a miña nai ten internet, dediqueime a ver esta serie americana (aínda que a maioría do elenco é australiano e neozelandés):



Non se trata daquel Espartaco que recreou Kubrick, senón dun guerreiro, tracio iso sí, que tras desafiar a un legatus, acaba pagando a súa condea como gladiador.
Se buscades rigor histórico, xa vos podedes olvidar. Por outra banda ten escenas moi, moi violentas, gore diría eu ,e moiiiiiiitíssssimo sexo, iso sí. Naturalmente, como toda ficción son todos guapísimos e guapísimas, están máis tempo espidos que vestidos.....vamos que tanto o xénero feminino como o masculino pode recrear a vista, hehehe....Vina en V.O. e aprendín moitísimos tacos que non sabía en inglés nin nunca oíra ata agora.
Está rodada en plan 300: efectos dixitais, e escenas ralentizadas.

¿Que é o que me gustou? O detalle: tanto os traxes coma as casas, as rúas, os mosaicos, as armas.....todo iso está moi cuidado. Os despropósitos históricos quedan perdoados pola perfección do detalle. Paseino ben, a verdade vendo a serie. AH! E a banda sonora, en plan metálica, chama moito a atención....

Non sei se a van botar aquí. Eu non vira aquela de Roma, e agora estouna baixando a ver que tal...algún de vós a viu??

sábado, 3 de abril de 2010

Divorcio de Windows


Desta vai. Levo un ano "coqueteando" con Ubuntu aínda que tiña no meu ordenador o arranque por defecto con Windows. Pero a semana pasada entroume un pedazo de virus deses que fan historia e de paso descompoñen todo ao seu paso: Vista Defender Pro. Un falso antivirus. Afortunadamente puiden rescatar os meus archivos desde a partición de Ubuntu. Incluso chegei a eliminar o virus cunha aplicación, Antivirusfake creo que se chamaba.

Total que como tiven que formatear todo, decidinme por Ubuntu definitivamente. Teño moito que aprender, sobre todo co editor de fotografía para poder facer as galerías da Web do Cubil....pero todo se andará....

Polo menos, esquezo os virus, antivirus, falsas alarmas (que me estaba dando o AVG), e demais historias.....Que relax!!!