martes, 6 de abril de 2010

Spartacus, sand and blood

Pois esta fin de semana pasada, por razóns de causa maior, tiven que marchar para a casa da miña nai, en Becerreá. Como o tempo alí non pasa, para min a lo menos, e como afortunadamente a miña nai ten internet, dediqueime a ver esta serie americana (aínda que a maioría do elenco é australiano e neozelandés):



Non se trata daquel Espartaco que recreou Kubrick, senón dun guerreiro, tracio iso sí, que tras desafiar a un legatus, acaba pagando a súa condea como gladiador.
Se buscades rigor histórico, xa vos podedes olvidar. Por outra banda ten escenas moi, moi violentas, gore diría eu ,e moiiiiiiitíssssimo sexo, iso sí. Naturalmente, como toda ficción son todos guapísimos e guapísimas, están máis tempo espidos que vestidos.....vamos que tanto o xénero feminino como o masculino pode recrear a vista, hehehe....Vina en V.O. e aprendín moitísimos tacos que non sabía en inglés nin nunca oíra ata agora.
Está rodada en plan 300: efectos dixitais, e escenas ralentizadas.

¿Que é o que me gustou? O detalle: tanto os traxes coma as casas, as rúas, os mosaicos, as armas.....todo iso está moi cuidado. Os despropósitos históricos quedan perdoados pola perfección do detalle. Paseino ben, a verdade vendo a serie. AH! E a banda sonora, en plan metálica, chama moito a atención....

Non sei se a van botar aquí. Eu non vira aquela de Roma, e agora estouna baixando a ver que tal...algún de vós a viu??

6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Eu non quero ser nenomalo, pero os que somos tan prosaicos coma min mellor que non a vexamos; xa que en troques de buscar rigor histórico íamonos fixar en demasía noutras partes que ti cualificas son abundantes en grao superlativiiiiiiismo...
(No trailer o que se gasta é tanta salsa de tomate como para manterme a min -son un comedor de tomates- durante unha boa temporadiña).

Un bico

Markesa Merteuil dijo...

Eu creo que vin algún capítulo, pero non me faigas moito caso. Por certo, fíxome gracia que pasando boa parte da serie espidos no que te fixaras máis fora no vestiario... :D

HADEX dijo...

Ja ja ja....boa observación a túa, Markesa.....non en serio, para o Arde Lucus, son unha fonte de inspiración os traxes das mulleres.Unha preciosidade.

Gato Negro dijo...

Hola, gracias por la recomendación. Acabo de ver el primer capítulo y no está nada mal, quizá se pasan un poco añadiendo sangre sobreimpresa a algunas escenas, pero el conjunto tiene buena pinta.

Lo que se me hace raro es ver tanto desnudo en una seria americana, con lo que son ellos, pero por aquí afortunadamente, no nos escandalizamos tanto...

Salu2

Manuel (Cedric) dijo...

Aunque muchas veces se quiera ser lo más fiel posible a la Historia, el cine suele tender a idealizar demasiado ciertos momentos de la misma, o, como en esta versión moderna, a dar demasiados toques de violencia y sexo...¿Pero acaso no hubo de éso en la Historia?

Un saludito desde Valencia.

A nena do paraugas dijo...

Eu prefiro as de policías e ladróns, nas que o xogo consiste en descubrir (descúbreno ao final) por qué os e as malas fan que a vida doutras persoas sexa máis negra cá súa propia. Pero estou vaga para analizar polo miúdo se son plasticamente boas ou malas, ou se teñen algún rigor científico ou histórico. Por outra parte (deben ser os anos), as máis das veces dúrmome diante das imaxes. Xa non me "poñen" nin os cachas!
Alabo a túa visión crítica e agradezo a túa suxestión.

Un saúdo afectuoso.