lunes, 1 de junio de 2009

LA IGUANA

Tedes que disculpar, se queredes, a miña ausencia destes días.....son tempos de moito traballo e pouco tempo libre. Paso por aquí para deixarvos de novo un tema de Lila Downs, que é quen me eleva o espíritu estes días coa súa música. Lila lémbrame a miña admirada Mercedes Peón co seu traballo etnográfico, antropolóxico sobre ritmos e músicas atávicos. Delicioso. Atención ao arpa....

5 comentarios:

Barreira dijo...

Benvida pois. E escapa do traballo un chisquiño, que é moi bon. Se podes, claro.
Chulo, chulo.
Saudos.

Carlos Sousa dijo...

Non a coñecía. É máis que deliciosa, menuda voz que ten, non sei como é capaz de facer eses sons ó final. E o solo de arpa, impresionante, non lle ten nada que envexar a un de guitarra.

Supoño que che levantará o espíritu e daranche gañas de porte a bailar.

Un bico e a traballar, mentras haxa...

abueloscrisytoño dijo...

Magnifica actuación
Un saludo A.Cris

Chousa da Alcandra dijo...

Andamos todos en permantentes reválidas e continuas selectividades. A música sempre ven ben (fíxate!) para calmar os ánimos tan feros que tanta actividade nos provoca.

Bicos

abueloscrisytoño dijo...

Acabamos de ver esta estupenda actuación cos nosos netos Iago e Diego. Gústolles moitísimo
Iago para pouco coa tele ou outras cousas e cando presta atención a algo seguro que é bo el é un tío intelixente.
Un abrazo A.Cris