viernes, 19 de junio de 2009

Lactancia materna

Vexo no blog de Bico de leite este sinxelo e efectivo vídeo sobre a lactancia materna e anímovos dende aquí a difundilo. Atención á nota de YouTube porque é para chorar ou rir, non sei:

"Es posible que el contenido de este vídeo o grupo resulte inadecuado para algunos usuarios, tal y como lo ha marcado la comunidad de usuarios de YouTube."


O mundo está tolo de verdade.....


6 comentarios:

HADEX dijo...

En relación con esto dos contidos, o outro día pasoume algo moi divertido...Estaba rexistrando en Google Analytics o Cubil do Lobo, un pub, xa sabedes, e quixen poñer algo así como "o mellor licor do negro café". Pois Google me contestou: "Procure no usar palabras mal sonantes como "negro". Ja ja ja....tela telita....

Carlos Sousa dijo...

Aparte de todo o que din, a lactancia tamén é moi boa para a nai, e unha gozada ver a un fillo mamar.

Menos mal que puxeches o letreiriño avisando do contido, o vídeo é moi forte e ten moita violencia...

Xa sabes, tes que poñer "café de color", jeje. É que é de coña.

abueloscrisytoño dijo...

Cando foi o da teta da irmá de Michael Jackson, unha das miñas fillas vivía en Carolina do norte (Estados Unidos) pois ben, alí non a viron, a imaxe foi censurada por ser demasiado escandalosa.

Anónimo dijo...

O que hai que ver/oir/ler... Dende logo, ver como un bebé se alimenta pode ferir os sentimentos dunha persoa ata o punto de deixala marcada para o resto da vida, non sei como non eliminaron este vídeo tan perigoso e insultante...

E o do "negro" café xa me parece unha tomadura de pelo. As cousas son como son, con tanto eufemismo vai haber que cambiarlle de nome ás cores tamén...

Chousa da Alcandra dijo...

Non puiden ver o video ainda (esto da conexión a pedais...xa sabes!); pero sí teño que declararmen defensor da lactancia materna mentra se poida e seguir mamando despois todo canto se nos permita tamén [no bo sentido e...no outro tamén; qué carallo!].

O do Google, que lle imos facer; son americanos e acabarán por censurarse a sí mesmos. Por certo, non sei como non se escandalizan cando ven a Obama matando moscas.

Bicos

Markesa Merteuil dijo...

O bon de internet é que supostamente o acceso é universal (ríome eu da universalidade); e o malo de internet é que o acceso é universal. Polo tanto moitas cabezas ocas entran na rede e fan uso absurdo dela. Non hai máis enfermo de pecado que o que ve pecado por todos lados.