domingo, 14 de junio de 2009

Los Bárbaros

Acabo de ler este ensaio de Baricco, subtitulado Ensayo sobre la mutación. ¿Quen son Os Bárbaros? Os que contribúen a unha mutación no modo de entender a cultura ou o saber. Sen mollarse en exceso, como sí fai Umberto Eco noutros escritos, Baricco fai un percorrido polo mundo do viño, do fútbol, da música, da literatura ....da suposta perda de calidade en función da universalización da cultura.
Claro, un pode estar de acordo en que un viño feito de forma artesanal nada ten que ver co viño que o común dos mortais consome de xeito habitual. Vale, de acordo. ¿Esto é peor que só uns poucos burgueses (o término é de Baricco) teñan as posibilidades de beber viño?
Digo que Baricco non se posiciona senón que fai unha fotografía do que supuxeron estas mutacións ó longo da historia. Algunhas vistas dende a perspectiva temporal: A Novena Sinfonía de Beethoven, moi criticada e denostada o ano do seu estreno, polos seus rasgos románticos (entendido romántico como movemento intelectual no que a cultura popular toma relevancia)...As novelas de Dumas, estudiadas hoxe como clásicos, consideradas de malísima calidade literaria...
E chega Baricco finalmente ao descubrimento do século XX, Google. Baricco compárao coa imprenta de tipos móviles de Gutenberg. O coñecemento democratízase, ata tal punto que somos nós, os bárbaros, os que decidimos mediante o sistema de links, cal é a información que merece os primeiros postos no index do motor de búsqueda.
Eu, que recordo como moitos de vós a vida antes de Google, considérome afortunadísima de poder disfrutar do uso desta ferramenta. Pero sí recoñezo que a nosa xeración conta coa vantaxe de saber aínda discriminar entre informacións válidas ou non. O único perigo de Google, según Baricco, e eu estou de acordo, é o da superficialidade e falta de contraste na información da que poderíamos pecar os bárbaros nu momento dado....

En xeral gustoume este ensaio. Gústame Alessandro Baricco novelista, e como ensaísta resulta de agradable e amena lectura. Boa para o verán...

E agora a esperar por La reina en el palacio de las corrientes de aire..... Xa falta menos!!!

4 comentarios:

paideleo dijo...

Google e a interrede son unha marabilla anque non o dixese Baricco.
Que teñas boas leituras.

Barreira dijo...

Eu coido que a mesma masa social da Rede de redes e a que contrasta a información do mesmo xeito que a cataloga en nivel de interese.
Google e a rede é o mellor invento, que nunca ha deixar de sorprendernos.
Saudos.

Carlos Sousa dijo...

Está claro que é un boísimo invento, en cuestión de segundos chegas á información que pretendías, que antes menudo traballiño había que pasar.
Pero non irá demasiado rápido? Non se perderán outras costumes?

Un aperta grande, que grazas a ti, a media de lectura sube moito, que senón...

Anónimo dijo...

Ben certo, Google é unha boísima ferramenta coa que podemos atopar, sen esforzo e nun mínimo tempo, a información que buscamos... pero por outra banda está a posible falta de obxectividade nos resultados. Pode verse dende máis dunha perspectiva.
Saúdos!