Dispoñíame eu a felicitar as festas á blogofamilia cando topo con esta noticia:
Feijóo cree que el consenso lingüístico pasa por rechazar la palabra 'Galiza'
E claro, xa me puxen de moi mal humor. Eu non sei nin entendo que tipo de problema psicolóxico ten este home coa lingua galega. Pero é que me gustaría que me explicase os seus argumentos lingüístico-filolóxicos para impoñer tal ultimatum: aparte de que o termo aparece en textos medievais, está admitido pola Academia da Lingua. Debería ser ilegal que os políticos meteran a súas sucias e malintencionadas zarpas en cuestións lingüísticas...
7 comentarios:
"Debería ser ilegal que os políticos meteran a súas sucias e malintencionadas zarpas en cuestións lingüísticas..." e en tantas outras cuestións, xa que ó final o único que fan é crear polémicas e non arranxar nada.
E que teima que ten co galego...
Bueno, que pases unhas boas festas e non traballes moito.
Que podemos esperar de alguén que despois de todo o balbordo que montou cando pisou moqueta ( sobre o decreto de normalización, coa milonga das enquisas das que entregaron os resultados de xeito cuase clandestino por mor do ridículo evidente da montaxe e dos resultados da consulta) non sabe como saír airoso do fango onde se meteu el soíño, coa axuda iso si de Galicia Bilingüe.
Agora , supoño estará esperando estas datas ( o 28 era unha moi boa) para meter con calzador un decreto de normalización revisado e redactado co criterio de coutar os dereitos lingüísticos da maioría dos galegos que empregabamos, empregamos a nosa lingua , creo que sen ofender a ninguén, como dereito fundamental por non falar do deber de defensa dunha cultura soporte das nosas vivencias --guste ou non--
País !. Mediocridades metidos a políticos.
De todos os xeitos que pasedes unhas boas festas e que o aninovo sexa ventureiro.
Non te enfades, Hadex; que che se avinagra a idea e non convén.
Todo esto de sacar estas cousas en período vacacional (escóitase dicir que o Decretazo do galego sairá durante as vacacións do Nadal) estache estudado.
Non ten sentido negar a nósa língua. É como negarse a sí mesmo.
E si, eu tamén considero que debería ser ilegal...
Un bico en galego dende o Centro Xeográfio da Galiza!
Eu do señor Frijolito, creo que me espero de todo!
Si, debería estar prohibído.
Despois van de abandeirados da liberdade...Que eu saiba hoxe non é obrigado usar Galiza, poden escoller, que é iso que eles din que defenden. ¿E logo...?
este homem ainda nom sabe que só é político... acha que tem poderes supremos e governa em todo... já verás que dentro de nada decide que nom se podem comer cachelos porque som demasiado galegos.
feliz 2010 que maloserá...
beijos
Feijoo cre que o consenso político é darlle a el a razón en canta sinrazón se lle ocorre; Feijoo cre que o consenso é facer todo o que el ordena. Feijoo sabéndose incapaz, quere todos sexamos uns eivados coma el para pasar disimulado.
O peor: que o sufrimos.
Publicar un comentario