miércoles, 6 de enero de 2010

Xorima

¿Lembra alguén a este grupo? Foi dos primeiros discos de folk que caeu nas miñas mans......deixáramo Eduardo Valiña, que chegara aquel ano ao instituto de Becerreá procedente do Seminario de Lugo. Con Eduardo, con Anxo, o cura das Nogais, e con Marcelo, o profe de actividades extraescolares pasei moitas tardes tocando a guitarra temas deste disco. Este tema era dos que máis me gustaba....cando Dani abriu o Cubil algún dos compoñentes de Xorima viña por alí...

16 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Por supostísimo que os lembro. De feito, entre os meus arquivos de música folk están estes vilalbeses.
Pero boeno, eu sonche moi folkeiro, así que tampouco é de estrañar nadiña.
Co tema que puxeches tamén me fixeches buscar un tema de Caldaloba (do seu disco "As Cores da Música"), que soan agora mesmo mentras che comento e do que formou parte un neto do gaiteiro comáis repercusión en toda a Ulloa: o gaiteiro de Santo Xusto...

E para mudar de tema e concluir unha vez máis que o mundo é un pano de man direi que Anxo, o cura das Nogais, foi formador meu...Xa choveu eh.

HADEX dijo...

Bueno, Chousa, tes razón :o mundo é un pano, tío. Anxo foi o meu profe de Relixión no instituto. Nese ámbito non era eu moi aplicada, pero tamén nos daba clase de música,gratuitas, e incluso houbo un ano en que lle axudei coas clases de flauta para nenos......Era y é unha boa persoa, incluso recordo algunha repichoca que se montaba na súa casa das Nogais.

El a min me recorda sobre todo porque lle fixera un traballo sobre os Evanxeos Apócrifos (daquelas eu era adicta á Más allá, jijiji) que lle gustara moito.

¿Falas de Santo Xusto de Palas? ¿Falas de Bruno Villamor, por un casual? Hai anos, nós, tiñamos un grupiño de música folk, chamábase Orgullo Megalítico, jijijijij, e un primo de Bruno tocaba con nós a gaita. Foramos un verán a tocar as festas de Santo Xusto e pasáramolo pipa!! O pai e o tío de Bruno eran uns máquinas tocando a percusión!!!!

Alégrame que teñamos isto en común, tío....Bicossssss

Chousa da Alcandra dijo...

Atinas de plano as dúas veces!.
Anxo é unha excelente persoa. Xa o era cando, sendo un cura moi noviño, estaba como formador no Seminario. Gardo un gratísimo recordo del.

E si, falo de Santo Xusto de Palas e de Bruno Villamor, si.
Cando eu era pequecho os gaiteiros de Santo Xusto (avó de Bruno coa gaita e o seu pai e tio con bombo e tamboril) animaron máis dunha festa por moitas aldeas de Antas. Claro que son uns máquinas!!!. Mamaron o biberón mentras escoitaban a seu pai afinando a gaita.

Orgullo Megalítico é un nome caralludo para calquera cousa. Telo rexistrado???.
Eu, na realidade son gaiteiro. O da canteira é pura afición...

O que non sabía eu era desa afición tua a Más allá.:-)

Bicos en si bemol

HADEX dijo...

Ja ja ja.....non o nome nunca o rexistramos....se fora capaz de atopar algún vídeo noso....dabamos máis ben risa.....Pero pasábamolo ben e a xente que nos sofría tamén.....


Adicta a Más allá, ovnis, e conspiranoias varias....jijijij...ufff...se che contara....

antonio dijo...

Gracias HADEX! me ha encantado esta Música pues no conocía al grupo,es un placer descubrir artistas que los cuales no tenía ni idea, también es triste que no suenen por los medios de comunicación los artistas de nuestra tierra.
Saludos y feliz día de Reyes!

Ahora voy a escucharlo otra vez!

Markesa Merteuil dijo...

Pois estou pensando eu en que... tal vez... deberiades organizar un concertiño así de lembranza... :D

antonio dijo...

Hola Hadex!,solo paso por aquí para decirte que estos días he disfrutado mucho con tú música y tus textos,pero el próximo lunes reanudo mi trabajo y no tendré tanto tiempo para visitar vuestros blogs, pero en seguida que pueda me daré una vuelta.
Gracias Hadex y hasta la próxima!
Saludos!

xenevra dijo...

Pois eu gocei coa música que non coñecía e lin as lembranzas de ambos os dous por estes lares (creo que buscando nexos). É unha sorte ter profesores dos que lembrarse e ter soños feitos realidade na maleta. Noraboa polo grupo e polos bos momentos pasados con el. De xuntárdevos outra vez non esquezas deixar aviso ;)

Saúdos desde este 2010 que vimos de estrear.

Carlos Sousa dijo...

Que tal Hadex? Como vai o novo ano? Xa te decidiches a volver a retomar o grupo? Coa colaboración de Chousa sería todo un éxito, me da que as risas estarían aseguradas, jeje.

Como sempre, non coñecía o grupo, sempre me estás sorprendendo con marabillas.

Un bico.

HADEX dijo...

Ai Carliños!!! E ti para facernos unha churrascada desas......bueno...unha festa desas que vos montades por aí!!


Bicazos!!!

Raposo dijo...

Fermoso tema, gustoume!

Carlos Sousa dijo...

Pois non hai problema, vos montade o grupo e eu vou para alá a montar a festa. De paso, case que levo ó Carli (sabes?, aquel de "Las paranoias de Carli"), que agora entre piano, flauta, armónica e guitarra, tenme a casa feita un cristo (e eu contento), so lle falta a batería, que xa mo insunou.

O dito, ti monta o choio e vamos palá, jeje.

Shucran dijo...

Non coñecía a este grupo, grazas por poñer o vídeo, encantoume o tema.
Espero que esteas tendo un bo comezo de ano.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

Hola a todos. Eu pertenzo á banda de gaitas 'Mato Vizoso' de Vilalba, na que é director Carlos Celeiro 'Morón', o gaiteiro de Xorima. É unha honra que a xente se acorde desdes vilalbeses case 30 anos despois. Moitas grazas a todos.

HADEX dijo...

Vaia Anónimo!! É un pracer.....E grazas a ti polo teu comentario!!!

pernasramos dijo...

Ver:
http://www.youtube.com/pernas