lunes, 8 de febrero de 2010

O LOBO

Félix Rodríguez de la Fuente ayudó a cambiar nuestra visión de los lobos




Foi do meu pai de quen herdei, ou aprendín, o meu amor polos animais. A miña nai é das que nunca lle faría dano a ningún pero, eles alí e eu aquí.....Meu pai non, gustáballe moito ,coma min, acaricialos e mimalos.....Pero el tiña ese medo atávico aos lobos inculcado na súa infancia...era absoluto pavor. Recordo cando botaron o capítulo de Félix Rodríguez na tele. É desas cousas que un ten gravado na cabeza a lume. Lembro que o meu pai me dixo que aquilo era trampa, que seguro que Félix Rodríguez criara aqueles lobos que comían apaciblemente das súas mans.....que os do monte non eran así. Pero admiraba moito ao naturista e aquel programa tamén calou fondo para el. É difícil combatir unha fobia desas (eu téñolla ás serpes) pero houbo moita xente que se replantexou ese mito oscuro e tenebroso do Xau, do tío Pedro, do da boca oscura,..... Canto lle debe o lobo a ese ser fabuloso, pese as moitas críticas que aínda se oen hoxe e que a min me enferman, a ese home que non debería haber morto tan cedo e que tanto nos ensinou a toda unha xeración acerca da fauna ibérica.

7 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Hoxe en día, cos reportaxes de National Geografic, os seus programas poderían parecer bastante floxos, pero para a época e os medios con que contaba eran todo un logro e un excelente traballo.
Agora que fai 30 anos que morreu, me parece que van a repoñer a serie, non sei se será completa ou só o programa do lobo, que vin que anunciaban.
Tes moita razón, non comprendo as críticas que recibiu.

HADEX dijo...

Pois sí, criticóuselle moito o feito de rodar escenas de mortes de animais ou o feito de usar animais acostumados a presenza humana para a rodaxe dalgunhas escenas....pero opino que na súa época e cos escasos recursos técnicos cos que contaba.....o fin xustifica os medios...El mismo afirmaba: "¿De qué se quejan los ignorantes de la ecología si muestro como un águila mata a un chivo para que amen a las águilas, que están en peligro de extinción y nadie las protege, para que al amarlas las salven y defiendan todo su ecosistema?".

Chousa da Alcandra dijo...

Sabes que eu fun un dos que mercou un "pack" cos videos de Rodríguez de la Fuente sobre a serie Fauna Ibérica?. Joder, que vello vou...

Dúas confesións:
1) Eu son máis do equipo de túa nai.
2) A miña fobia vai cara o sapo.

Nin o comentes, que o negarei eh! :-)

Bicos feroces

Markesa Merteuil dijo...

E mirábamolo cos ollos de nenas, de Enrique e Ana... Lembras?

Suso Lista dijo...

Naqueles tempos eran unha maravilla. Pareceme ben que a 2 os repoña. Un bico grande

antonio dijo...

Hola Hadex!
Los humanos somos así,todo lo que nos estorba lo quitamos de en medio.
Felíx rodrigez de la fuente abrió los ojos a mucha gente sobre la importancia de conservar nuestra fauna,me acuerdo de niño de esperar su programa todos en casa alrededor de la TV.
Saludos!

BRABIDO dijo...

A dia de hoxe saen documentales da natureza coma churros,pero eu sigo decindo que Rodriguez de la Fuente era unico,ata na sua voz.

Bicos