No ensaio de Oliver Sacks, titulado Musicofilia, fálase dun fenómeno moi habitual: o feito de repetirse un fragmento musical de maneira patolóxica na nosa cabeza, de xeito incesante e desesperante....A isto se lle chama verme cerebral. Sacks asegura que unha das maneiras de acabar con este proceso é cantar a canción conscientemente e ata o final (probaremos, a ver). Os vermes cerebrais responden a un carácter estereotipado que a maioría dos grandes productores musicais coñecen e explotan.
O caso é que Sacks nos remite á nosa etapa de cazadores recolectores, cando reproducir e aprender de memoria os sonidos da natureza resultaba crucial para a nosa supervivencia. Esa repetición de patróns aínda segue activándose, involuntariamente, hoxe en día.
O caso é que a min, non sei a vós, sempre me pasa con temas que non soporto, raiantes.....E pásame moito.....Entre que estou día e noite escoitando o radio e que a min a música sempre me chama a atención....En fin, a última vez que me atacou o verme foi con este tema espantoso, que realmente non sei onde o escoitei:

wege,wege,wege.......wege,wege......
7 comentarios:
Ahdedios!!! De donde sacarías ese "pedazo de tema"!!
A verdade é que resulta desesperante cando se che mete unha musiquilla na cabeza e non hai forma de esquecela, pero esta...
Haberá que probar o método, así que xa sabes, a cantar o "wege, wege" ata o final. Xa contarás que tal saiches da experiencia.
Bicos de luns. Buff! cando será domingo...
También me pasa a mí,pero ya procuro no escuchar ciertos temas musicales tan horribles.
Saludos!
Ufff!!!.
Como medida preventiva eu somente escoitei 40 segundos do wege, wege ese. Non sexa o diaño que se me entale entre as orellas e despois non o dea quitado.
Vou poñer un pouco de Luar Na Lubre para desintoxicarme.
Bicos wegé wegé. Assssúcarrr!
Do tema ese so puiden escoitar minuto e medio, non hai quen ature o wege, wege dos collóns!!!
Por sorte para min cando me pasa eso é con cancións non desagradables. Menos mal porque si non..., o método ese pode que funcione pero si só sabes o fragmento que repites haber que fas.
Regáloche un raio verde, pasa e sera teu
saudos A.Cris
Hahaha! Weke... weke, weke, weke... cantalo para desfacerte do verme non será complicado.
Interesante tema, o do verme cerebral.
Odio esa canción!
No bus eu vou todo tranquilote escoitando a miña música en baixiño cando, de repente, algún compañeiro meu pon esa música infernal (Se se lle pode chamar musica a iso). Sácame de quicio! O que eu fago é darlle volume a U2 e ahí xa quedan calados jeje
Publicar un comentario