domingo, 28 de marzo de 2010

¿Onde estaba Deus?


Desgraciadamente, a paidofilia cómetese en todo tipo de ámbitos. Non hai máis que ver as noticias, ximnasios, colexios....A Igrexa denuncia unha conspiración en contra da milenaria e nobre institución. Non só os curas (e seguro que moitas monxas) abusan, padecen efebofilia que segundo eles é menos grave.
Claro, pero o problema é que eles, que pasan o día dicindo o que está ben e o que está mal, que demonizan os métodos anticonceptivos, que saen á rúa, cos seus fieis (onde están eses fieis agora para denunciar abusos?) para berrar contra o aborto. a homosexualidade...ocultan as súas propias miserias. O que máis me escama é que nos países do Primeiro Mundo agora as vítimas se animan a denunciar.....Pero a cantos dexenerados (estes sí merecen o calificativo)enviarían ao Terceiro Mundo?
Dende logo, se eu fora crente neste instante, tería unha gran dúbida pensando nese Deus que non envía como mínimo as sete pragas para acabar coa xerarquía eclesiástica. E como non crente que son ESIXO que a sociedade co seu propio código penal actúe contra eles, que lles aplique o mesmo castigo que se lle aplica aos cómplices de delito e aos pederastas non relixiosos.

Deixo aquí o enlace a un artigo de Pilar Rahola, hoxe na Vanguardia. Dios y el demonio.


E aínda que non teña que ver co tema anterior, quería manifestar desde aquí toda a miña repugnancia e desprecio a actitude da señora Rita Barberá. A súa frivolidade nun encontro onde se están a tratar temas como a mortalidade, a ablación do clítoris, as violacións....é insultante para todas as mulleres. Eu polo menos, síntome avergoñada de que esta tiparraca pertenza, xa non ao xénero feminino, senón a especie humana.

Pois sí, levantei demagóxica hoxe.

7 comentarios:

antonio dijo...

Estoy totalmente de acuerdo contigo Hadex.
En mí otro blog también hablo de lo mismo.
http://ajossecospican.blogspot.com/

Saludos!

Unknown dijo...

O problema e que entre eles escondense e manipulan todo.

Chousa da Alcandra dijo...

Por un lado...coa Igrexa topamos; e polo outro...que che vou contar que non saibamos a estas alturas dos nosos políticos?.

Resulta indignante esta doble moral que campea nos mástiles das súas bandeiras. Había que abrir moitas xanelas para que o vento fresco mellorase tanto cheiro a rancio...

Un bico coa hora adiantada

Carlos Sousa dijo...

Xa comentei algo así noutro blog. Toda a vida fixeron das súas e agora aínda seguen a facelas. Eu pregúntome o mesmo ca ti, donde están os fieles para denunciar ou esixir unha renuncia por parte dos mandamáis do circo este? Dame moito noxo esta relixión, chamada nosa, porque aínda que non crea nela, sego sendo un membro dela, ou a min cóntanme como un seguidor.
Buff!!

A nena do paraugas dijo...

Coma Carlos Sousa, xa fixen algún comentario sobre este tema noutro blog. E encabúxame especialmente pois coñezo xente entre o clero que está facendo un traballo laudable e porque, como católica practicante, decepcionada e crítica, ganas me dan de facerme apóstata, non só por estes feitos que varren para debaixo da alfombra, senón polo papel que asignan ás mulleres e por mil cousas que me levaría moito tempo explicar.

Markesa Merteuil dijo...

Cando se destrúa o Vaticano haberá que fuxir, pero sen mirar cara atrás, por se nos convertimos en estatuas de sal.

8798989545346567 dijo...

Que no ataque más la pedofilia,
que destruye hogares y familias.
Que la efebofilia no florezca.
Que esa conducta desaparezca.

Que ya no salgan más pederastas.
Señor, oh Dios, diles a ellos: basta.
Que no tengan oportunidad
de dañar más a la sociedad.

¡Que no existan más abusadores!
Oh Dios, queremos tiempos mejores.
Que no sean como fariseos
los que escarnecen, yo los veo.

Padre, sólo tú puedes juzgar
a la gente que supo dañar.
El que esté libre de culpa tire
la primer piedra. Que nadie aspire.

www.asieslapedofilia.blogspot.com