domingo, 20 de junio de 2010

The cove




Ben, pois despois desta longa ausencia aquí estou de novo. Xa sabedes, a Selectividade e os días que lle preceden....Total, para que cada vez baixen máis e máis o nivel...en fin.

Pois xa liberada, o primeiro que quería facer era ver este documental. Xa sabedes o que me gusta a min este xénero, pero podo asegurarvos que ningún me había emocionado tanto como
The Cove. Supoño que estaredes ao tanto da polémica que vén de xerar , sobre todo no Xapón onde está sendo eliminado sistematicamente da carteleira dos cines.
Sucede que no Xapón, no medio e medio dun parque natural, todos os anos en setembro ocorre unha masacre cos golfiños. Os intereses son, coma sempre, económicos. Por unha banda a empresa SEA WORLD, que se adica a espéctaculos acuáticos con estes mamíferos. Por outra, o interese da industria alimentaria xaponesa que vende esta carne coma se fora de balea (onde non hai tradición de comer o arroaz) ou de introducila nos comedores escolares aínda sabendo que contén uns índices de mercurio altamente tóxicos.
Opino que The cove é de visión obrigada. Ric O'Barry, que é un dos protagonistas desta historia foi o entrenador dos golfiños que deran vida a Flipper. Esta viaxe é para el unha auténtica catarsis: considera que colaborou na proliferación deste tipo de espéctaculos como os de SEA WORLD e a súa redención é mostrarlle ao mundo como se capturan estes animais, como sofren nos acuarios, e esas matanzas salvaxes, cruentas e supersecretas que ocorren nesa esquina do mundo amparadas por un goberno.

Ao final do documental di O'Barry: " Se non podemos deter isto, se non podemos arranxar isto, esquézanse dos problemas mási grandes. Non hai esperanza."

E dende logo, esta esperanza está, unha vez máis, entre nós os consumidores. Se non hai demanda, non hai ganancias. Temos a responsabilidade de esixir un tratamento eticamente aceptable hacia todos os seres vivos que comparten o noso espazo vital. Deixar de pensar que somos nós o centro da creación, e ir máis alá no trato ao resto da natureza.

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Dende logo facemos cada humanada cos animais que mete medo!

paideleo dijo...

Xa mirara ese vídeo hai tempo e sópodo dicir que me parece unha canallada emáis facéndoo a escondidas.