lunes, 25 de febrero de 2008

Negra sombra

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Un dos poemas mais fermosos do mundo, na voz da mellor intérprete.

4 comentarios:

javier peña dijo...

hermosísima canción, yo la descubri en un disco de carlos nuñez, si no me equivoco. Y Luz fijate que no me gusta demasiado su voz pero este tipo de canciones las borda por el sentimiento y el desgarro. Besos

Raposo dijo...

Tou dacordo.

Chousa da Alcandra dijo...

Intensa a interpretación de Luz Casal neste tema, si.
Por certo, Javier Peña, hai unha versión do tema con Carlos Núñez e Luz xuntos precisamente.

Unha aperta dende a Chousa (mollada, por fin)

prometeo dijo...

Hermosísima, intensísima e tristísima. O poema é un pedazo do corazón partido de Rosalía, e ó que musicou-no sen dúbida estivo moi acertado.
A versión de Luz e Carlos forma parte da BSO de Mar adentro, e é ista.
A primeira vez que a escoitei foi da man (o mias ben da voz) de Amancio Prada. Tampouco esta nada mal.
Saudos