lunes, 28 de julio de 2008

Cuestión de lenguas/ Cuestión de linguas (bilingüe)

Non pensaba escribir sobre este tema, en parte porque está tan politizado que me produce náuseas e en parte porque sempre crea suspicacias. Pero é que levo toda a mañá rumiando as estupideces que ouvín dicir nunha tertulia matutina na radio e estou indignada.
Sobre que a lingua española ou castelá está en perigo, non me merece opinión porque tamaña estupidez non ha lugar a ser discutida. Punto.

Pero o que si me indigna é oir esta mañá ás señoras Pilar Cernuda e Mamen Gurruchaga botar a culpa ás linguas OFICIAIS, Galego, Vasco e Catalán dos problemas académicos dos estudantes das respectivas comunidades (faltas de ortografía, problemas de comprensión, etc....). E o que é peor, encomian os sistemas educativos bilingües de Finlandia, Suecia....(onde a segunda lingua é Inglés) pero desprezan o bilingüismo (que desgraciadamente non é tal) das nosas comunidades. Pilar Cernuda chegou a dicir, atención porque isto é moi forte, que en Galicia, os pais que querían que os seus fillos aprendesen español ¡tiñan que matriculalos en colexios estranxeiros! é que me parto!!!!!
Pero quen c**** lles pasa esa información?

Os problemas de expresión, faltas de ortografía, de gramática en xeral, danse , no caso de quen os teña, en ambas as linguas xa que a causa non é outra que a ausencia do hábito de lectura, ou da docencia das linguas en xeral.

Agora que me expliquen estas dúas señoras por que razón o inglés non interfire, sempre segundo elas, na aprendizaxe. Só o galego, o vasco e o catalán teñen ese poder sobrenatural.....Curioso e digno dunha tese doutoral.


No pensaba escribir sobre este tema, en parte porque está tan politizado que me produce náuseas y en parte porque siempre crea suspicacias. Pero es que llevo toda la mañana rumiando las estupideces que oí decir en una tertulia mañanera en la radio y estoy indignada.
Sobre que la lengua española o castellana está en peligro, no me merece opinión porque tamaña estupidez no ha lugar a ser discutida. Punto.

Pero lo que sí me indigna es oir esta mañana a las señoras Pilar Cernuda y Mamen Gurruchaga echar la culpa a las lenguas OFICIALES, Galego, Vasco y Catalán de los problemas académicos de los estudiantes de las respectivas comunidades (faltas de ortografía, problemas de comprensión, etc....). Y lo que es peor, alaban los sistemas educativos bilingües de Finlandia, Suecia....(donde la segunda lengua es Inglés) pero desprecian el bilingüismo (que desgraciadamente no es tal) de nuestras comunidades. Pilar Cernuda llegó a decir, atención porque esto es muy fuerte, que en Galicia, los padres que querían que sus hijos aprendieran español ¡tenían que matricularlos en colegios extranjeros!¡¡¡ Es que me parto!!!!!
¿Pero quién c**** les pasa esa información?

Los problemas de expresión, faltas de ortografía, de gramática en general, se dan , en el caso de quien los tenga, en ambas lenguas ya que la causa no es otra que la ausencia del hábito de lectura, o de la docencia de las lenguas en general.

Ahora que me expliquen estas dos señoras por qué razón el inglés no interfiere, siempre según ellas, en el aprendizaje. Sólo el galego, el vasco y el catalán tienen ese poder sobrenatural.....Curioso y digno de un tesis doctoral.

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Cando badúan dese xeito, a min tamén se me poñen os pelos -e maila mala uva- de punta.
O outro día lín un libro (por recomendación doutra blogueira) que me fixo pasar un anaco moi ledo e no que -en clave de humor- matiza moi ben certos esbardalleiros que latrican sobre o asunto. É "A comedia bífida", de Núñez Singala. Agora quero propoperlle ó Grupo de Teatro de Antas que a representen para a vindeira temporada.

Uf, enrolleime de carallo
Bicos, besos e kissiños

O Raposo dijo...

Teño a sensación de que algunhas persoas que saen nas tertulias de radio e tv non teñen moitas veces puñetera idea do que están a falar. Pero como lles pagan por eso, por falar,pois ala para adiante, aínda que sexan parvadas.

manel vazquez dijo...

Culpables. Antes eramos burros e agora culpables. Eu síntome galego, falo galego nada máis ca por iso, acepto que en galicia e en calquera parte do mundo a xente se exprese como sinte. pero eu entón non teño dereito a existir, de que son culpable?.

câosemdono dijo...

A tal Cernuda conta cunha agravante: seica é de Vigo, a mulleriña.

Vivir para ver.

HADEX dijo...

Efectivamente, Pilar Cernuda é de ascedencia galega....é que ten delito!!!

eNmEiGaDa dijo...

a verdade é que hai xente que so di barbaridades... si oh! as faltas de ortografía van ser culpa agora dos que falamos outro idioma que non é o castellano! cousas com estas fan que me saia a vea...

Por certo... menudo cambio levou o blog dende que non me paso! Un saúdo!

d´Agolada dijo...

Bahh, este é o conto de sempre, o caso é que o galego sae malparado. Saúdos