Estes días estou liada....xa sabedes, sempre que hai festas, nós temos lío de traballo. Consecuentemente, aborrezo as festas polo xeral....
Hai moitos anos, moitos.....os que temos, os que tedes, unha idade recordaredes a Jimmy Somerville. Aínda que eu era unha cativa, non sei, doce, trece, e probablemente non era moi consciente do contido social das súas letras, tiña tódolos discos de The Communards e este tema gústabame tanto....
Tamén me gustaba esta canción sobre os malos tratos e desgrazadamente tan de actualidade....
4 comentarios:
Como dicía antes (no comment anterior), eu vou algo máis velliño. Os meus ídolos de entón eran Simon & Garfunkel e un xuvenil Bob Dylan, que arrincaban acordes melodiosos e namoradizos.
Moi propios para un mocete de Seminario que vía pasar as mociñas pola Rúa de Ramón Ferreiro a unha distancia tan considerable, que por non poder fixarse nos seus ollos; acababa por fixarse noutras partes...
Bicos actualizadísimos!!!
Eu tampouco os lembro, a verdade... aínda que a estética tráeme algún que outro recordo...
PD: Hai que repetir o de ontes, pero con máis calma. Prometo ir sen gorrito... :P
Recordo perfectamente as cancións, aínda que como o meu inglés é nulo, ou sexa, cero, pois non sabía moi ben de que ían as letras.
Tampouco é que fora un grupo que me apasionara, máis ben o contrario, eu era un pouco máis cañero. Hoxe ó escoitalos, pois nin fu nin fa.
Un saúdiño, e "disfruta" do entroido o millor que poidas.
alaaaaaa! quanto tempo havia que nom escutava falar de jimmy somerville! eu também gostava ainda que as letras só as compreendo agora...
beijos
Publicar un comentario