sábado, 2 de mayo de 2009

Merlín e compaña

(Merlín en novembro)

Pois onte fixo exactamente medio ano que Merlín está con nós. Despois dun inverno bastante duro, con neve e máis neve alá en Masoucos (Castroverde), notablemente mellorado, todo hai que dicilo. Chegou morto de fame (a algún tratante de gando habería que darlle un pouco da súa mediciña), e a base de pan (encántalle), algo de cebada, e ultimamente herba verde púxose así de guapo, je je....ou ¿non?


(Merlín en abril)

Como a súa relación cos cans, que empezou sendo boa, estaba traendo danos colaterais (o burro comía o pienso dos cans, os cans comían cebada e pan, todos querían mandar, os burros son moi moi territoriais,) decidimos levarlle un amigo herbívoro. Ahí o tedes, é Gavi ( o nome púxollo o noso sobriño Mateo (de Gavilán, dixo) e está como o seu propio nome indica, aínda que é simpatiquísimo:

É unha cabra, cabrito, enana. Mirade que corniños ten:


Xa seguirei contando....

10 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Vaia se mellorou Merlín!!. Non hai máis que fixarse na postura. Din que mal e o ben na cara se ven; e neste caso así é.

O Gavi-lán non sei eu se acabará por dar algunha cornada a alguén, que os cornos...ainda que sexan pequenos seica mancan igual jajaja ;-)

(Como sigades así, xa estou vendo como fago para sacar entrada para o Zoo de Masoucos!)

Bicos de maio

Manuel (Cedric) dijo...

Me alegro de que vaya mejorando tanto. Y es que creo que le ha tocado la lotería, con unos amos com vosotros. Disfrutad de él. Por cierto, que también ha aumentado mi familia. Mira en mi blog cuando puedas.

Un saludito desde valencia.

Carlos Sousa dijo...

Teñenche boa sorte estes animaliños con vos, e Merlín si que se ve millorado.

Xa vos vexo creando unha reserva natural. A ver con nos sorprendedes a próxima vez que adoptedes algún.

Bicos.

Markesa Merteuil dijo...

Pero que guapo que está Merlín, e o cabrito é... coma un peluchiño. É moi noviño, non?

HADEX dijo...

Sí Markesa, é como un peluchiño, suave, suave...ten catro mesiños, je je je......

Lúa dijo...

pero que bonitiños son....bicos.

Markesa Merteuil dijo...

Vas ter que traelo ó Cubil ;-), aínda que mellor non, que seguro que cho amolan moito...

Barreira dijo...

Solo hai que ver que ergueito anda agora o Merlín, ollando con prepotencia cara os seus territorios, jaja.
E vaia parexa que lle buscastes. Xa estou vendo ao pequecho comer pan e cebada tamén, xunto co pienso dos cans.
Saudos.

Tacho dijo...

Que rabia, sempre chego tarde a comentar... creo que nunca se falou tanto directa ou inderactemente de masoucos como últimamente na internet.
Por certo, eu vexo que faltan animais... non é por nada... e os que están en proceso??
estas censurando? jejejee
Saúdos, vémonos!!!

LM dijo...

andaaaa! que lindo se puxo merlin... e que tal lhe vai com a nova companha?
beijos