jueves, 7 de mayo de 2009

A xustiza pola man


Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... ¡estonces!, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

A poesía de Rosalía conmóveme profundamente. Canto máis leo sobre a súa persoa, máis admiración sinto por ela, como muller, como intelectual, como loitadora. Encántame este poema, sobre todo me fascina o final: esa calma e tranquilidade tras cumprir coa vinganza, lonxe de toda xustiza divina ou legal.


3 comentarios:

Barreira dijo...

Cheira a cacique. Moi chula a historia.
Saudos.

Lúa dijo...

Rosalia o meu parecer expresou coma ninguen o sentir da nacion, bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Dende sempre, cada vez que leo a Rosalía, a min sempre me induce á calma, á tranquilidade que ti dis, á paz interior (ainda que ela tivera as suas liortas internas).
Sin duda algunha Rosalía é a imaxe que máis axiña nos evoca a todos a Galiza; incluso ainda cando escribe en castelán.

De rapaz, en certa ocasión que houbo un recital no centro educativo no que estudaba, tiven o privilexio de recitala. Daquela púxenme colorado; xa que case todos os nenos tiñan poemas de varóns menos eu...