A verdade é que cando oín onte que Michael Jackson morrera, aínda que nunca fun moi fan da súa música, quedei un pouco conmocionada. Non o esperaba, supoño. E iso que unha persoa tan excéntrica non podía morrer de forma apacible, forma parte do mito.....Nun libro que lin hai pouco, Te joden vivo, o autor exemplificaba con Michael Jackson o dano irreparable que pode chegar a facer un pai codicioso neste caso na personalidade dun ser. Esa sensación de que foi un pobre infeliz é a que fai que me conmocione un pouco a súa desaparición...
En fin, na banda sonora da miña vida sí que hai dúas cancións de Michael Jackson: unha é máis ben polo vídeo. Daquela aída tiñamos capacidade de asombro ante certos avances e aquel morphing de Black or White a min tíñame absolutamente alucinada....
E a que sí me gustaba moitísimo era They don't care about us, rodada en Río de Janeiro....En fin, que o mundo da música realmente perde un grande valor.

3 comentarios:
Pois si, o mundo perde a un dos máis importantes da historia da música.
Nunca o entendín e non vou volverme un demagogo agora que morreu.
Pero, loxicamente, meréceme o respeto que hoxe lle prodigan quenes foron capaces de ver arte onde eu non fun capaz de vela...
Yo aún recuerdo cuándo me compré su Trhiller, en vinilo, en París.
Publicar un comentario