viernes, 23 de octubre de 2009

Gripe


Estes días irrumpiu na nosa vida a gripe. A pricipios de semana Dani atopouse mal, moita febre, dolor de cabeza, de espalda, incluso das articulacións....(ou sexa, toda a sintomatoloxía da que se fala con respecto ao H1N1) En fin, como non fomos ao médico nin agora se molestan en saber que clase de alcume ten o virus, remedios de toda a vida: cama, zume de laranxa e paracetamol. Hoxe está moito mellor.
Se traballas cara ao público contaxiarse é case inevitable (aínda que eu non tiven ningún síntoma, toco madeira.....). Sen embargo súmome a todos os testemuños que circulan por aí: non é para tanto sempre que sexas unha persoa medianamente sa e te cuides ben dende o primeiro momento. Iso é todo. Prometo un post sobre a nosa viaxe cando as augas volten ao seu cauce.


P.S.: O neno da foto é o paciente 0 , heheheheh


10 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Xa se sabe que a gripe con medicamentos cúrase en 7 días e sen eles nunha semana!.
Eso sí, ademais do que ti dis, tamén lle vai moi ben un remedio que sempre cita un bo amigo meu: calor de peito alleo!.

O do neno da foto é un clarísimo caso de amor a primeira lambetada.

Bicos para ti (para Dani...saúdos coa manciña dende certa distancia)

Moraima dijo...

Penso que se lle da moita máis importancia a gripe A, do que a ten...

Supoño que a estas alturas este vídeo está moi visto... de todos xeitos deixocho aquí http://www.youtube.com/watch?v=oACvfEkTsI8.

O que si teño claro desta gripe e que non me penso vacunar... neste caso é cando vén ben o refran de : É peor o remedio que a enfermidade.

BIcos e apertas para ti, e que Dani recupere pronto!

Markesa Merteuil dijo...

Alégrome de que esté millor. Eu, pola miña parte, estou encerradiña na casa, i eso que... é o primeiro fin de semana en moito tempo no que podiamos estar as de sempre (bueno, no, as de 2008) xuntas de novo... Ai... Estos virus que mal me caen... :D

O paracetamol, mano de santo. E... dos médicos... xa che contarei... ;)

Biquiños.

Unknown dijo...

Espero co neno, pronte esté bem.
O da gripe A, pra mim e otra mais das industrias farmaceuticas, so pretenden encher os bolsillos.

Bicos desde vigo

Manuel (Cedric) dijo...

Espero que vaya mejorando. Y hay que tener mucho cuidado de cualquier gripe, tenga el nombre que tenga. A mi mujer la vacunaron en la empresa, y le dió una reacción que no sé si es peor el remedio o la enfermedad...

Un saludito desde Valencia.

Carlos Sousa dijo...

Pois a cuidarse, como di Chousa, e nos por aquí tamén "o mellor é calor de peito alleo". Ou sexa, que xa sabes, a sudar...
O que está claro é que a xente é unha paranoica, e iso dificulta todo.

Moi bonita a foto.
Bicos

nina dijo...

Yo, de momento, me voy librando de ella, aunque en el instituto ya tenemos a un montón de profes y de alumnos hechos una mierdecilla... Aguanto como una jabata, pero cuando caiga me vereis lloriqueando en el blog cosa mala :P

Besos!!

HADEX dijo...

Graciñas a todos.

De tódolos xeitos, se foi a famosa gripe A, asegúrovos que as teño visto peores!!!!

paideleo dijo...

Estamos cun tempo que favorece muito a proliferacion de resfriados e gripes.
Nada, a cuidarse e que se recupere pronto Dani.

A.C. dijo...

Seica a pillaches ti agora?.
Seguro que fixestes o mismiño que o neno e mailo porquiño e, claro, jripe que te criow!