Ben, despois deste mes de pouca actividade blogueira, aquí estou de novo. A verdade é que entre unhas cousas e outras andei moi ocupada: San Froilán, viaxe, gripe de Dani.....Por outra banda, estou tamén atareada co curro xa que houbo uns cambios na materia de Lingua Española nos que me teño que esmerar por falta de medios (pero esto é tema doutro post).
Tiña pendiente contarvos a nosa viaxe a Extremadura. Tras unhas festas agotadoras, coma sempre, alá fomos. Dirección Monfragüe. O noso aloxamento estaba nun pobo ao pé mesmo do parque, Jaraicejo. Unha pequena mostra do panorama de varias zonas rurais da comunidade: un poco que nalgún momento tivo una población grande, (había un castelo e un importante palacio episcopal) e hoxe en día está absolutamente morto. Unha pena. Ía un calor co que non contáramos e tanto un coma outro non o levamos nada ben. Cando chegamos a Villareal de San Carlos, centro de información xeral do parque, visitamos a Aula da Natureza onde vimos entre outras cousas un maqueta a escala real dun niño de voitre negro. Impresionante!!! Fixemos unha das rutas propostas. Particularmente non me gustou. Poucas árbores, pouca vexetación en xeral, sequía total e absoluta, nin unha miserable sombra como consecuencia.....Claro, é o que ten ser do norte. O concepto de frondoso que teñen en Extremadura non se parece en nada ao que teño eu. Agora sí, esa falta de escondites naturais propicia que un vexa moita fauna. Vimos moitos cervos, voitres leonados, gansos, garzas....En plena berrea estabamos ademais..... Visitamos o Castelo de Monfragüe, (uhmmmm non me gustou moito) pero a calor era cada vez máis e decidimos voltar ao día seguinte pola mañanciña. Fixemos unha ruta, máis dura que a do día anterior pero que sí pagaba máis a pena. Máis árbores, máis auga nos regatos, vimos voitres negros, esta vez sí, e disfrutamos dunha fermosa vista dende os restos dunha atalaia romana. Visitamos Trujillo e Mérida. Trujillo gustoume moitísimo. A súa fortaleza é impresionante. O seu casco vello en xeral é unha gozada. En Mérida xa estivera hai anos. Como eu son unha flipada dos restos romanos, en Mérida fun feliz, hehehe....A Dani tamén lle gustou moito, sobre todo o museo. Tiña outro recordo de Extremadura. Hai sobre 17 anos que fun. Esta vez vina abandonada, seca, seca, seca ata límites insoportables. Supoño que é a época do ano, polo que nos dixeron, non choveu nada no inverno....Un cúmulo de circunstancias.
Deixóvos o enlace ás fotos. Non hai moitas. Tiñamos calor ata para carretar a cámara. Espero que vos gusten.
Deixóvos o enlace ás fotos. Non hai moitas. Tiñamos calor ata para carretar a cámara. Espero que vos gusten.
4 comentarios:
En ocasións, valorar a beleza que outros teñen, axuda moitísimo a darlle calidade á que temos nós...
Podería explicarme máis, pero seguro que non é preciso. Ollo, que ninguén se me ofenda. Seguro que un extremeño que veña a Galicia pasaralle o mismiño que a min alí.
En calquera caso seguro que o pasastes ben co sol e a sede, e coa berrea...jajajaja
Bicos de Antas con auga de outono!
Yo casi la prefiero en primavera, creo, cuando florecen los cerezos... Aunque lo cierto es que guardo muy buen recuerdo de un octubre de reencuentros.
Xa o di o seu nome extrema e dura aínda así non dubides en volver Estremadura é fermosa, ela non ten toda a culpa, este clima xa non é o que era.
A foto do neno co porco é de premio ese pouco ten que temer aos virus con ese estilo xa esta máis que inmunizado.
Bicos A.Cris
Tódalas zonas teñen aspectos fermosos e dignos de visitar. Extremadura tamén, e a pesares da calor seguro que a desfrutaches.
Apertas.
Publicar un comentario