jueves, 6 de noviembre de 2008

Merlín

Casualmente Chousa de Alcandra, nese fabuloso blog que ten, conta esta semana unha historia cun burriño.


Temos outro novo amigo. E como sempre temos moita sorte cos nosos amigos de catro patas (cos de dúas tamén, je , je, je) este tamén é moi cariñoso e moi tranquilo. Ademáis o seu manxar preferido son as silvas e os toxos, cousa que a Dani lle parece unha bendición (polo de desbrozar e esas cousas).
A sú relación cos outros dous inquilinos é boa, aínda que Buxo sente uns poucos ciumes (este é un competidor máis grande, en canto a tamaño). Pero o Pinto, en canto se deu conta de que o burriño é inofensivo, pasa o día detrás del, con esa curiosidade que o caracteriza.

Aí tedes unhas fotos





Pero non quería deixar de mostrarvos este fantástico debuxo que fixo o noso querido Mateo, do burriño e o Pinto (clic para agrandar).

18 comentarios:

LM dijo...

que carinha de tranquilazo e que bonito (o do desenho e o real).
beijos

Markesa Merteuil dijo...

Falando de Chousa: hoxe estiven conversando con el e, polo que me contou, ti e máis eu nos coñecemos... O que pasa que son tan despistada que nin me dera conta malia ver a túa foto.

HADEX dijo...

Ay Markesa, agora non me deixes con esta curiosidade.....¿Coñecémonos de verdade? Conta, conta....

Chousa da Alcandra dijo...

Se o mundo é un pano de mán; Lugo que será?

Esta debe ser a miña primeira presentación virtual: Hadex, velaquí a Marquesa. Marquesa, esta é Hadex. Ogallá poidéramos facelas de corpo presente arredor dunhas cervexas...¿no Cubil? e con música dos Cempes de fondo, poñamos por caso!

Chousa da Alcandra dijo...

E voltando á pequenez do mundo, seguro que a vosa "desbrozadora de catro patas" é parente de sangue do que sae no meu post. Pedimos ADN ou medímolos por algún lado para atopar coincidencias?

Anónimo dijo...

Suerte que tienes de vivir en el campo, y poder disfrutar de mascotas así. Además, los burros (Con perdón) están casi en peligro de estinción, por la mecanización que hoy domina en el campo, por lo que haces doble bien.

Te envidio...

Un saludito desde Valencia.

El rascacielos dijo...

Que bonito, me encantan los animales jejjeje. Saludos

Markesa Merteuil dijo...

Pois precisamente do Cubil e do Rivendel, aínda que agora irei algo menos que me quedei soíña e abandonada... Pero bueno... malia iso... aínda estuven o venres no Cubil e o sábado no Rivendel (tras un paseo pola terra do Castañazo Rock). Realmente penso que nunca falamos, pero saudarnos penso que si... non me faigas moito caso, porque son o despiste personificado.

Chousiña... mellor cara a cara... Vas ter que vir botar unhas pezas e invitar a un licor do negro café.

Carlos Sousa dijo...

A verdade que hoxe en día miranse poucos, aquí en Areas polo menos hai un de catro patas, de dúas nin che quero contar, daría para rato. A foto con Pinto, saiuche moi fermosa, son moi fotoxénicos.

O debuxo tamén está moi logrado.

Veña, a seguir agrandando a familia, que unhas ovellas tamén fan a función de cortacespede.

Un saúdo.

fgul dijo...

eu sei de xente que ten o burro como animal preferido.

(e non é que non me pareza simpático)

Saúdos.

HADEX dijo...

Moitas grazas a todos polas vosas visitas e comentarios. Chousa e Markesa, se vides polo Cubil serei eu quen vos invite o licor do negro café. Eso sí avisádeme antes que ando un pouco preguizosa para saír polas noites, je je je....


Bicos a todos!!

Markesa Merteuil dijo...

Haberá que quedar logo para tomar un té a media tarde... A ver cando volve a abrir o Calma Chicha que boto en falta ese té de chocolate tan rico... ou o de lima xaponesa... ai... que me perdo...

Ó Chousiña xa lle dixen que lle ía gustar o Cubil, e penso que malo será que non se fíe das dúas...

É máis se lle apetece unha volta atrás ata lle podemos pedir algunha dedicada do Xabarín Club... Logo miro se tes por aí posto o mail e se tal xa te explico máis como identificarme.

Un bico, wapa.

Lúa dijo...

pero que bonitiño e...por certo esas duas cousiñas que colgan no debuxo son o que eu penso????heheheheheheheh

Markesa Merteuil dijo...

Agregueite ó messenger. Así ata me ves en foto con Andy Chango.

Anónimo dijo...

Me pasaba por aquí y no he podido resistirme... Me encantan!!! El burrito y también el peque. Y es que si por mí fuera mi casa sería como el Arca de Noé...

Un saludo!

HADEX dijo...

Ay Markesa que puxen unha "a" demais: o correo é adeabrao@hotmail.com

Markesa Merteuil dijo...

Xa está solventado, pero agora vou pra camiña, que tiven unha semana para non contar. Necesito deixar o paracetamol dunha vez. A ver si o luns por fin parezo persoa. De todos modos, mañá seguro que coincidimos.

Bicos.

HADEX dijo...

Lúa paréceme que pensas ben, je je je