sábado, 13 de diciembre de 2008

Gillies

Hai anos, dez mais ou menos, Dani, un colega noso e mais eu, nos pegamos o tute de ir ata Moaña porque non nos queriamos perder o concerto dos escoceses Wolfstone. Este tema nos encantaba pero non sabiamos como se titulaba.....Tiñamos medo de que non o interpretaran así que como non o podiamos pedir polo nome, decidimos que, chegado o caso, poderiamos tararealo para que se deran por aludidos, ja ja ja.....En fin, non foi necesario facer o ridículo. É longo pero é unha auténtica pasada. Espero que vos guste..

Bicos e feliz fin de semana a tod@s.

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Hoxe madruguei eu mais ca ti!.
Despois da audición que nos ofreces de hoxe (estes sí os coñecía), quédame clariño e confirmado que os nosos gustos musicais (cando menos en parte) andan moi perto.

As ronquetas da gaita escocesa aportan unha tonalidade e unha acústica que se presta moito para estes sons inspiradores de certa nostalxia morriñosa e doce vaivén...

Un bico e boa fin de semana tamén para ti.

O Raposo dijo...

Non os coñecía pero o tema gustoume.
Grazas e apertas.

Lúa dijo...

alucinante, xa os coñecía e son incribeis!!! bicos

Senda dijo...

:O, durante os últimos anos o intercéltico de Moaña marcou o comezo do verán, xa que era o meu primeiro fin de semana de vacacións!!

Senda dijo...

:O, e seguro que xa fuches ou tes planeado ir...
beijos

Markesa Merteuil dijo...

Non hai coma unha viaxe ben aproveitada.

LM dijo...

unha viagem bem aproveitada e com boa música.
beijos