COMUNICADO DE PRENSA
Resposta da CIG-Ensino ás declaracións do PP contra a nosa lingua no ensino
Diante da actitude belixerante contra o galego, manifestada polo secretario xeral do PP e próximo presidente da Xunta de Galiza que chegou a anunciar a futura derrogación do Decreto 124/07 de uso e promoción da lingua galega no ensino, a executiva da CIG-Ensino acordou, na reunión mantida hoxe, día 4 de marzo, manifestar o seguinte:
Sería inaudito e a primeira vez na historia que un presidente dun país, que acaba de ser electo, anuncie como primeira medida a tomar unha proposta en contra da lingua propia, malia estar totalmente marxinada no sistema educativo e cuns índices mínimos en canto ao seu uso.
Alén do uso electoralista que se fixo dunha fabulada persecución da lingua forte, o español, invertendo a realidade, o PP marca como obxectivo no seu propio programa acadar un ensino trilingüe. Como se entende entón que se queira derrogar un decreto que o único que estabelece é que o 50% das materias se impartan na lingua galega e que o alumnado acade a mesma competencia en galego que en castelán, ao remate dos seus estudos.
Pretende confundir a sociedade, apelando, demagoxicamente, á liberdade, cando o noso idioma non goza dos mesmos dereitos na Galiza que ten o Español. Todos sabemos que a aprendizaxe no noso idioma estivo proscrito e perseguido durante séculos e que, historicamente, é o único idioma asoballado e discriminado
Todos os docentes sabemos que mesmo aquel alumnado que recibe maioritariamente a docencia en Galego, unha minoría insignificante, remata os estudos con máis competencia en español que en galego e que a escola é un espazo de desgaleguización tal e como o proban as estatísticas que constatan que hai un maior número de alumnado que entra falando en galego que o que sae falando na nosa lingua.
Un presidente dun país non pode borrar os sinais de identidade máis importantes que ten ese país, comezando por derrogar as normas que tratan de amparalos e promovelos. O noso idioma, sinal fundamental de identidade, é usado por un 40% menos de mozos e mozas que a xeración dos seus avós, polo que só desde posicións que perseguen a súa desaparición se pode entender que a única lexislación existente que vela pola súa normalización se abandone á lei do máis forte, sobre todo se temos en conta que esta lexislación só aspira a que a nosa lingua chegue ao 50% das materias.
Só desde unha perspectiva antigalega e unha mente colonizada se pode ver como un demérito a presenza da nosa lingua, a non ser que se pretenda a súa desaparición
Que non se esqueza que o Parlamento galego aprobou por unanimidade, tendo o PP maioría absoluta, co voto favorábel de Núñez Feijoo como parlamentario e vicepresidente da Xunta nese momento, o Plano de Normalización Lingüística que recolle nas medidas 2.1.26 á 2.1.30 que “como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego”.
A CIG-Ensino quere facer público que o futuro presidente ten a obriga de desistir das súas intencións, por seren estas impropias de quen di que quere ser o presidente de todos os galegos e galegas, do contrario a CIG-Ensino reactivaría accións e iniciativas no ámbito do ensino para impedir esta agresión ao noso idioma.
Santiago, 4 de marzo de 2009
Anxo Louzao Rodríuez
Secretario Nacional da CIG-ENSINO
5 comentarios:
E incribel que este partido político deixe de lado totalmente a nosa lingua, que forma parte importante da identidade do noso pobo, non entendo porque non se ten o sentimento de amor cara o galego na nosa terra e envidio moito a catalans e vascos pola defensa a ultranza que teñen da sua lingua, mexan por nos e dicimos que chove....bicos.
Que se pode esperar de Frijolito?? por certo, creo que te equivocaches no comentario do meu blog, e que era para Senda e non pra min. Bicos ;)
O Sindicato galego CIG está a defender o que considera de seu con ese comunicado e ti -difundindoo- estás a subscribir algo que tamén estimas digno de ser defendido.
Non vexo a quen lle poida molestar.
Estou convencido de que, dado o caso de que os poderes públicos non defendan a nosa lingua como corresponde, seremos nós; os galegofalantes, quen teñamos que asumir con máis énfase ese papel.
Non habemos herniarnos na tarefa. Xa temos músculo. Ou non?
Como persona bilingüe que soy, hijo y vecino de una comunidad en la que hay co-oficialidad de lenguas, me parece muy mal el uso electoralista que se da a la lengua vernácula, para después, como suelen hacer muchos partidos, o mejor dicho, los políticos de ciertos partidos, sobre todo los de acción nacional, echarse el voto al bolsillo y después "Si te he visto, no me acuerdo".
Un saludito desde Valencia.
Todo o que sexa protestar por este caso non esta de máis, penso que lle vai custar moito levar isto a cabo. Intentar, vaino intentar, pero que non pense que por ter unha maioría nas urnas vai facer o que se lle antoxe, ou polo menos espero.
Grazas polos parabéns, intentaremos seguir mostrándovos chorradas nosas e de aquí, non vos libraredes de nós, jeje.
Bicos
Publicar un comentario