jueves, 5 de marzo de 2009

Feijoo dixit


Se acabaron las galescolas. Con esta frase lapidaria comenza outra triste etapa para a lingua galega. Por que motivo non podemos ser como o resto das civilizacións que defenden a súa cultura e a súa fala? De verdade, non o podo entender.....

12 comentarios:

Moraima dijo...

Eu tampouco podo entender como a xente vai deixar que a nosa lingua volva ó estado de decadencia por culpa do Frijolito

Suso Lista dijo...

A volta as orixes...a prehistoria. Terrible

Chousa da Alcandra dijo...

Poñeranlles "Escuelitas Gallegas"?

Puff

Raposo dijo...

Pois si que empezamos ben, mecagonatós!

Lúa dijo...

Como que se acabaron????lo dijo este caradecona????bicos...

Carlos Sousa dijo...

Vaiche boa! esperemos que non se cumpra, se tiveran dous dedos de frente non o farían.

Cuspedepita dijo...

Que se saiba o ensino en E. Infantil por lei debe ser na língua materna dos rapaces. Non sei se Núñez Feijoo vai ter suficientes...ejem...para pasarse a lei por eles.
Eu coido que o único que vai suceder é o que dixo Chousa, que lles vai cambiar o nome para ¿como dixo? ¿"desideologizalalas"?
Iso e colocar nelas persoal afin ao partido, imaxino, pero non é ningunha novidade e xa vimos que, por desgracia, o amiguismo é un virus do que non se libra ningún partido. Igual é que permanece na pintura dos despachos... ou nos sillóns dos altos cargos...¡eu que sei!

Anónimo dijo...

A probe xente de este fermoso País elixeo os herdeiros da Longa noite de pedra con coñecemento de causa é Feijoo é o seu profeta.Levan oprimindonos toda unha vida. Esta probe xente renega de se mesma, avergoñase ser quen son, que é o pior que lle pode pasar aun ser hunan: Ser un colonizado como diría Manuel María o Poeta da Tterra Chá.
Apertas

LM dijo...

nom aprendemos nunca...
beijos

Anónimo dijo...

Co a nosa cultura, co a fala do galego acabou Quintana por imposicions. Feijoo da libertade..., pero sempre estamos co as mismas: os votantes galegos son uns burros..., soio vos sodes intelixentes. Pareceme penoso. Si os votos foran o reves...qué lecicia tiñades..., pero falou Galiza e no a comprendedes: qué listos sodes e qué burros os demais. Que pena me da... Tamén son funcionario da enseñanza e dou as clases en galego...

Anónimo dijo...

Opino que galicia falou..., sin darlle mais voltas. As galego escolas elixennas os pais dos nenos..., parecebos mal? Hasta Socrates tiña razón: "as ideas volvesen locas..."Tedes razonadas, ninguha razon...

HADEX dijo...

Pois, Anónimo, eu non estou dacordo en absoluto contigo....O normal que cando unha comunidade ten lingua propia haxa que facer uso dela nas institucións. Son estas as que teñen o deber de normalizar as linguas. De tódolos xeitos eu aínda non vin esa imposición por ningún sitio: os libros están en Galego sí, pero cantos mestres falan en galego???
Aquí niguén chamou burros os votantes do PP...pero sí que penso que todos nós, recriminamos o pouco amor que mostran pola súa cultura, pola súa lingua.