lunes, 2 de marzo de 2009

Querías pan....?


Pois toma dúas barras!!!

Por incrible que pareza.....aí estamos outra vez!!! Estou segura de que ni o tal Feijoo está seguro de non estar soñando.....

8 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Tamén se di, "Se non queres caldo, toma sete tazas".

Eu non podo menos que alucinar, aínda segue habendo moito facha, pero bueno foi o que decidimos os galegos. A algúns fastidianos (por non dicir outra palabra) moito, pero é o que hai.

Menos mal que estes parece ser que nos van a sacar de todolos males!?

Fatídico 1 de Marzo

Anónimo dijo...

Onte propoñias unha musica relaxante para unha espera doce de cores de espranza, hoxe imaxino que se de musica falaramos tería que ser funebre e de deconfianza nos nosos semellantes.É ben certo o refran de di que o xenero humán tropeza duas veces na mesma pedra e si é galego añadiría eu tropezará sempre.
Apertas desconsoladas

Markesa Merteuil dijo...

A campaña foi penosa, e boa mostra deso é precisamente o cartel que colgaches. Penso que nunha situación de crise como a que temos (o de Citröen, por exemplo, non só afectará a Vigo, senón a toda Galicia) non deberiamos dedicarnos a facer chistes. Non é tempo de burlas, senón de traballo e con tanto que vén o lobo, que vén o lobo, o final a xente acabou por crer que o lobo non existe. Agora, os que non tiveron os votos suficientes como para, en coalición, gobernar deberían facer balance da súa xestión durante os tres anos e medio que acabamos de pasar e reflexionar sobre si responderon ás expectativas ou ben adicaron os seus esforzos a prioridades que non repercuten directamente sobre a cidadanía. Realmente había un goberno de esquerdas? A mín, dende logo, non me cadra coa idea que eu teño da esquerda.

HADEX dijo...

Tes toda a razón Markesa, tampouco é a miña idea de esquerdas....pero esto é igual un paso atrás, e de moi difícil arreglo....porque a ver quen os apea agora de aí.....Non o fixeron ben, dende logo, podíano facer millor....pero realmente a alternativa era outra maioría absoluta do PP??? Eu penso que non....e agora xa é tarde para reflexionar.....

Lúa dijo...

increibleble....que ajjjjco!bicos

Markesa Merteuil dijo...

A reflexión nunca sobra. Que entonen o mea culpa e aprendan un pouquiño do que debería ser a esquerda que todos queremos.

Chousa da Alcandra dijo...

Os meus pensamentos, despois da resaca dolorosa, van moi arrente da necesidade de autocrítica que precisa a chamada "esquerda" de hoxe. Eu penso que a todos nos defraudaron un chisco. Boa proba delo é que ; quen pensaba ás 20:00 horas que cunha participación do 70% ía pasar o que pasou?.
Hai que velo como unha lección de democracia e facer unha lectura en clave de maioría de idade, no senso de que a sociedade galega tal vez xa é quén de saber turrarlle das orellas a quen non responda ás expectativas que tiña creado.
(Chousa dixit)

Eticaniano dijo...

Paciencia, que no hay mal que 100 años dure ni mal que por bien no venga.