En Semiótica fálase da iconicidade media, alta ou baixa que contén una imaxe con respecto a realidade. Pero e que esta fotografía chega máis alá, chega ó espírito, é realmente un espello da alma. Estou convencida de que o asesor de imaxe deste tipo é un asalariado da esquerda, senón é moi difícil chegar a un nivel tan siniestro, je je je ,como se lle fixera falta....
9 comentarios:
Eu coido que o asesor de imaxe de Aznar ten moi mala leite. Parece mais fero o dono que o can nesa foto.
Saudos.
O canciño sae ben guapo. Ten unha ollada entre inxenua e desconfiada... :-)como si soubera que quen o aloumiña non está moi afeito a demostrar sensibilidade. Aínda que non debería xulgar porque persoalmente non coñezo a ese señor. De todos modos, hai quen di que vale unha imaxe máis que mil verbas e que as accións falan de nós. Polo tanto, calo, que elas son máis elocuentes.
Eu tamén estou convencido de que o asesor desta imaxe traballaba claramente para o can. Desenmarcouno un chisco, pero logrou un obxectivo bastante acorde coa realidade...
Guau!!!
Buff!, tétrico, mete medo e non o can claro.
Podías usar esta foto para o teu outro blog, "o cubil do lobo", e crear unha sección nova de animáis perigosos. Loxicamente terías que recortala un pouco.
Respecto o teu comentario, xa ves, o mundo e un pano, o dos blogs tamén. O dos gustos musicáis agora imaxinaste por quen lle veñen. Bo rapaz, gustoume o medio tirón de ourellas que lle deches referente a lectura, jeje. a ver se che fai caso.
Bicos.
Hummmm Carlos...que boa idea a dos animais perigosos......
ufff... isto é pior do que coco quitasonhos...
beijos
(tentei deixar comentario no cubil mas nom me deixa assim que o ponho cá: o burrinho e mati saem até mais lindos no teu blogue. brigada)
pobre canciño.....
Enhorabuena por la forma en que ha hecho el blog, una secuencia de imágenes y texto de calidad. Nos vemos!
jejeje... a verdade é que si. Pero agora inda mete máis medo sin o bigote.
Publicar un comentario