Así desta guisa vimos onte este coche aparcado no centro de Lugo. Xa sei que estamos na Semana Santa pero chamoume a atención. Vexo moito ultimamente, sobre todo en coches da comunidade hispanoamericana o IXTHUS ( acrónimo grego de Jesús Cristo hijo de Dios Salvador, que a súa vez significa peixe) , o símbolo dos primeiros cristianos. Aínda que este por levar leva ata a estrela de Salomón...
En fin, está claro que nos invade o mesianismo: mirade se non as paixóns que levanta o novo presi de EEUU.
Pola noite pedinlle a Dani que me tapara a matrícula do coche co Photoshop, pero ademais fixo algo así coma un easter egg, que din os anglosaxóns, unha pequena sorpresa.
En fin, está claro que nos invade o mesianismo: mirade se non as paixóns que levanta o novo presi de EEUU.
Pola noite pedinlle a Dani que me tapara a matrícula do coche co Photoshop, pero ademais fixo algo así coma un easter egg, que din os anglosaxóns, unha pequena sorpresa.
8 comentarios:
Con este prototipo parado diante de ti nun semáforo case se percibe o arrecendo a incienso no ar. Bufff.
Eu o que non dou conxugado moi ben son a coroa real misturada coa alusión a Jesucristo e maila estrela xudea...Eu non sei se o tipo dese coche, se ve o tuneado de matrícula que lle fixo Dani lle molaría tamén eh.
(E fixéchesme analizar un anaquiño o feito de ver as duas fotos. Tentei buscarlles as 7 diferencias e, ademáis de non atopar ningunha, agora vexo estreliña de cores...)
Bicos (veña o mesías ou non)
Pois eu si que lle atopei a sorpresa ao ovo de pascua :-))
Pero para que Chousa siga buscando non vou dicir onde está.
Só lle vou dar unha pista: non está onda as estreliñas de colores.
Sobre o mesianismo dos tempos que corren, é unha voltiña máis da historia. Os tempos de crisis son propicios para esas cousas.
Agora só imos agardar que Obama non sexa o anticristo que se supón que ía vir antes da fin do mundo :-)
Apertas
Ja,ja, tivéchesme un pouco de tempo como un pasmarote mirando para as fotos, ó final topei a sorpresa, custoume.
O que está claro que cada un co seu coche fai o que queira, pero isto saese un pouco do normal.
O mesianismo ten algo que ver cos seguidores de Messi, o xogador do Barcelona? Se é así eu sou un pouco seguidor, jeje.
Bicos, xa nos queda menos para disfrutar desta semana "santa".
Moito se leva agora publicitar a relixión nos coches. Está claro que hai xente monarquica a mazo.
Saudos.
Cóntame un amigo que o propietario do coche andaba predicando ao estilo ianqui polo centro, con uns murais de fondo.....
A relixión está tan metida na sociedade que non é de extrañar que nos podamos atopar con coches así.
Atopei a sorpresa, costou un pouquiño pero está moi ben, e pensar que non me decatei ó principio..!
jasus!!!!!
beijos
Your blog looks nice, even so it would be far better if you’ll be able to use lighter colors too as a professional design. This will make sure that a lot more readers come to check it out.Informative post by the way!
cheap nolvadex
Publicar un comentario