sábado, 25 de julio de 2009

Feliz dia da Patria


Penélope

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

4 comentarios:

HADEX dijo...

Elexín este poema marabilloso de Xosé María Diaz Castro porque nesas andamos, un paso adiante e outro atrás......

Bicos a todos!!!!

Manuel (Cedric) dijo...

Espero que disfrutes de tu particular festividad. En Valencia se celebra el 9 de Octubre, en el que además de conmemorar nuestra "diada", también se celebra un particular día de los enamorados, más antiguo que el San Valentín, en que los hombres regalan a las mujeres un pañuelo, conteniendo dulces de mazapán, elaborados especialmente para ese día (Sant Donís).

Un saludito desde Valencia

Shucran dijo...

Non coñecía este poema. É certo que andamos para adiante e para atrás, e o peor é que iso trae consecuencias moi negativas para a nosa lingua, a nosa cultura e mesmo para a confianza na política (que xa é máis ben pouca).
Saúdos!

Chousa da Alcandra dijo...

Este ano pilloume o día da Patria lonxe do teclado, así que non fixen post ao efecto; por iso -ainda que sexa con retraso- se me deixas, xúntome ao teu.

Saúde!