domingo, 12 de julio de 2009

San Fermín


Sabedes que non soporto nada relacionado co maltrato animal. Sabedes que odio as festas taurinas. Sinto o do rapaz que morreu o outro día, e ouvín no radio que hoxe hai outros dous moi graves....Pero ¿que é o que queren? Sinto vergoña deste tipo de festas, violentas, machistas ademais, con ese componente supotamente atávico da hombría dos que corren diante das bestas....Non entendo nada. Realmente é unha celebración, como tantas outras , da irracionalidade do espíritu humano. O outro día cando o touro entrou na plaza, xa pola tarde, o público recibiuno cunha sonora pitada. Vaia, seguro que o entendeu e incluso se arrepentiu....

Que deixen de putear aos animais. Que deixen de facer festas que se basean no maltrato. Dunha maldita vez.

(Aínda que despois de ver outro día destes aos chinos de Xinjiang saír a rúa con paos, coitelos, bates, etc....para cazar uigures,
a miña confianza na especie homo sapiens sapiens vai de mal en peor)

6 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Estou en contra das corridas de toros, pero os encerros de San Fermín sempre me chistaron un pouco, magoa que o final consista no mesmo, nunha matanza na praza.

Outro dos problemas é que está masificado, e vai moita xente que non ten nin idea de en que consisten, facendo que os toros convirtanse en perigosos, cando o único obxetivo que teñen e correr detrás das vaquillas, nunca verás un toro enbestir porque si, é a propia xente a que lles obriga. E despóis son os malos?

Entendería os Sanfermines, como un traslado dunha zona a outra, sen meterse cos toros e correndo coa nobleza coa que fan eles. E nada de corrida despóis.

Non te vexo o rollo dos enlaces, non che saíu ou aínda non mo copiaches, jeje.

Bicos

Markesa Merteuil dijo...

Antes do deceso houbo outros feridos, e un deles é un rapaz de Lugo, cunha cornada no glúteo. O curioso é que, polo visto, nin correndo estaba. Non entendo que gracia lles pode ter ir a unha "festa" así. Como tampouco entendo o afán por beber ata caer que teñen algúns. Eu penso que para divertirse non é necesario poñer en risco a vida dun, ou doutros. En fin, que moito nos queda por aprender.

Chousa da Alcandra dijo...

Si, tés razón que ás veces semella que imos perder a esperanza no xénero humano; pero noutras ocasións ponse no plato da compensación a solidariedade -poñamos por caso- dun donante de órganos, dun médico sen fronteiras ou, simplemente, un panadeiro de Antas enfornando un pan macanudo!!

(Quédome con esa frase tua, cargada de contundencia: "Que deixen de putear aos animais. Que deixen de facer festas que se basean no maltrato. Dunha maldita vez.")

HADEX dijo...

Tes razón Chousa, non se debe ser catastrofista...pero e que eu penso que a maldade tiña que ser a anécdota...como no resto dos seres vivos...Pero na nosa especie, parece que a bondade sexa a excepción...hummmm


Bicos a todos.

Shucran dijo...

Totalmente dacordo. Ninguén lle preguntou a ese animal se quería estar aí, non entendo este tipo de festas ou tradicións.
A miña confianza no ser "humano" pérdese co paso do tempo, non entendo por que cada vez deixamos máis a un lado o de racionais e somos máis animais. Que somos seres está claro, pero o de racionais parece unha definición que non se basea na observación.

Sinto o do rapaz, pero ninguén lle mandou estar aí formando parte dun espectáculo penoso e desigual. Bastantes desgracias ocorren sen que se poidan evitar, como para ir buscándoas...

Saúdos.

Raposo dijo...

Totalmente dacordo contigo no sentimento antitaurino. Non entendo como non hai algún partido ou algúns políticos que tenten ponerlle coto a tanta crueldade gratuita e innecesaria. Mal vamos si para divertirnos e desfrutar temos que ver o sufrimento doutros seres vivos.