domingo, 26 de julio de 2009

Esref Armagan



A maioría de nós ao ver estes cuadros sonreiríamos cunha especie de indulxencia compasiva, e pensaríamos que son propios dos cursos de pintura dos centros sociais, tendas de manualidades ou algo así.....





E se nos dixeran que están expostos en varios museos do mundo?


É máis, e se nos dixeran que o autor destes cadros é cego de nacemento?



Esref Armagan , nacido en Turquía no ano 1953, procede dunha familia pobre, nunca recibiu formación artística e aprendeu por sí mesmo a escribir e a debuxar. O seu método é alucinante: consiste en trasladar a Braille as súas impresións táctiles para marcar un esbozo e despois aplica o óleo coas súas mans.

Hai uns anos foi obxecto dun experimento que consistiu en escanear o seu cerebro mentres debuxaba. A corteza visual de Armagan se iluminaba como a dun vidente. Sen información procedente dos ollos, a corteza visual foi aproveitada por outros sentidos, principalpemente o tacto e o oído.
Aquí vos deixo o enlace á galería virtual de Esref Armagan.

12 comentarios:

Shucran dijo...

O ser humano ten unha capacidade de adaptación enorme. Teño que facerme unha pregunta: estaremos, as persoas que contamos con 5 sentidos, desperdiciando ou usando mal algún deles?
Biquiños!

Carlos Sousa dijo...

Alucinante!! O que me choca é que unha persoa cega de nacemento poida chegar a facer estas obras, e sobre todo, ese uso das cores tan vivas.
Explicas o seu método, e me imaxino que iso vale para obxetos físicos. Pero como fará para plasmar esas paisaxes? O dito, alucinante.

E seguro que os que temos os cinco sentidos, desperdiciamos, ou non exercitamos ó máximo, non só un, senón máis dun.

Bicos de domingo, e a poder ser, vamos dar dous pasos para adiante, recúar non vale a pena.

Markesa Merteuil dijo...

Realmente incrible. :) Como di o refrán: o grande cego é o que non quere ver.

Chousa da Alcandra dijo...

Está claro que as potencialidades da mente humana ainda están moi pouco estudadas e coñecidas. Inauguramos un potente telescopio estes días para poder observar o espazo máis lonxano; pero ainda non demos co trebello capaz de observar o que temos xusto detrás do nariz.

Como diría o gran filósofo de Ubrique: en duas palabras, im-prezionante!

Cuspedepita dijo...

A verdade é que é impresionante a capacidade de superación dos seres humanos.
Que desproveitadas temos as nosas capacidades os que non temos maiores problemas !

Suso Lista dijo...

Menudo portento. Hai cousas que "se non se ven" non se creen.Apertas moitismas

Barreira dijo...

O cerebro do home é apasionante. Ten unha capacidade de procesamento e de adaptación que é verdadeiramente alucinante.
Saudos.

nina dijo...

Qué pasada... Increible ver cómo, aunque pensemos lo contrario, sigue habiendo cosas capaces de sorprendernos.

Besos

Raposo dijo...

Sorprendente, sobre todo polo colorido que teñen. ¿Como pode un cego de nacemento usar tan ben as cores?

paideleo dijo...

Incrible !.
Non sabía eu deste caso que me deixa abraiado.

abueloscrisytoño dijo...

No me extraña nada.
Parece mentira o que se pode facer cando a un lle faltan certas facultades, eu nótoo no meu neto Iago el con nove anos non pode falar pero se inventa uns signos uns xestos esfórzase tanto en explicarche que case sempre logra facerse entender. Eu teño a esperanza de que algún día logre falar pero tamén estou segura que se non pode facelo el lograrao ao seu xeito porque nunca se rende.
Un abrazo
A.Cris

LM dijo...

está visto que quando se quere fazer algo nom há nada que o impida!
beijos