martes, 8 de septiembre de 2009

Lubna Husein

O mundo necesita de mulleres coma ti, Lubna Husein. Valerosa e digna.

5 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Escoiteino hoxe nas noticias, é para flipar. Parece mentira que en pleno século XXI, países como Sudán (entre tantos outros islámicos) sigan a actuar así.
Ela librouse de ser lapidada, pero escolleu o cárcere antes cunha multa, en sinal de protesta. Iso a honra moito. O problema foron as súas compañeiras que creo que si foron lapidadas. A ver se vale para que algo vaia cambiando.

Chousa da Alcandra dijo...

Cando escoitamos as cousas que están acontecendo na "aldea de ó lado", resulta imposible non pensar canto nos falta, como sociedade global, por percorrer.
Esta muller é unha valente; non hai duda, pero cantas quedarán no anonimato que son esmagadas pola barbarie que as rodea?.

Un bico de día de festa en Antas!

Barreira dijo...

O amor polos seus semellantes leva a moita xente a loitar e renunciar a moitas comodidades pensando nun futuro mellor. E neste caso non é nada fácil, o que ainda a fai mais grande.
Saudos.

Anónimo dijo...

Dende logo, esta muller é un exemplo de valentía. Pregúntome cantas outras mulleres estarán pasando agora mesmo por situacións similares e entristéceme e cabréame enormemente saber que son moitas, demasiadas.

Saúdos!

abueloscrisytoño dijo...

Ser muller en certos sitios do mundo é unha desgraza.