viernes, 2 de octubre de 2009

O lobo


Ben, pois como vou a estar bastante ocupada estes días paso por aquí rapidamente para lembrar qque os próximos días 16 e 17 de Outubro celébrase na Diputación a II Xornada de Literatura Oral. O ano pasado, adicada ao Demo, foi absolutamente fantástica. E esta que vai adicada ao lobo...que queredes que vos diga....Deixo aquí o programa.

E despídome de vós uns días. Deica logo!!!

9 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

A temática deste ano vai que nin pintada para o Cubil do Lobo (non haberá un patrocinio detrás? jajaja).

E a disfrutar do San Froilán (ainda que haxa que currar algo, supoño que un anaquiño para a espansión persoal deixarás).

Bicos de Antas

HADEX dijo...

POis non hai tal patrocinio Chousiña, je je je......O ano pasado houbo moi pouquiña xente e foi unha pena porque son moi interesantes estas xornadas.....

No que se refire ás festas...non me fales.....é un agobio, un sin dormir, un sin vivir.....menos mal que é unha semana.....


Moitos bicos!!!!

Barreira dijo...

O demo.... o lobo..... Faltan as bruxas e as curuxas.
Saudos.

Mark dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Mark dijo...

Pásome a saudar. Comentas o das festas: é certo que é moi ruidoso e a min tampouco me gustan as aglomeracións de xente, pero o San Froilán dálle movemento e gracia a Lugo. Dálle vida, emoción, non sei... prefiro o ruido das festas ao das obras, ou non? Jej.

Saúdos a todos desde Budapest!

Carlos Sousa dijo...

Moi interesante, está clariño que non podes faltar. O que non vexo é o teu nome no programa. Que pasa, non te deixan falar??

Pásao ben, bicos

Anónimo dijo...

Interesante proposta, espero que acuda moita xente ;)
Saúdos e pásao ben nestes días!

abueloscrisytoño dijo...

Esteas onde esteas pásao ben.
Un saudo.
A.Cris

Markesa Merteuil dijo...

Espero poder ir o sábado... Vémonos aló. :)