sábado, 3 de abril de 2010

Divorcio de Windows


Desta vai. Levo un ano "coqueteando" con Ubuntu aínda que tiña no meu ordenador o arranque por defecto con Windows. Pero a semana pasada entroume un pedazo de virus deses que fan historia e de paso descompoñen todo ao seu paso: Vista Defender Pro. Un falso antivirus. Afortunadamente puiden rescatar os meus archivos desde a partición de Ubuntu. Incluso chegei a eliminar o virus cunha aplicación, Antivirusfake creo que se chamaba.

Total que como tiven que formatear todo, decidinme por Ubuntu definitivamente. Teño moito que aprender, sobre todo co editor de fotografía para poder facer as galerías da Web do Cubil....pero todo se andará....

Polo menos, esquezo os virus, antivirus, falsas alarmas (que me estaba dando o AVG), e demais historias.....Que relax!!!

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Boeno, pois se levabades un ano coqueteando...xa era horas de vos botárades nos sistemas operativos un do outro!!. (E ben tempo que aturastes, digo eu).
Eu non vou celebrar o divorcio con "Ventanas"; senón o noviazgo oficial co Ubunto; así que...vivan os noivos!!!!.

Un bico

A nena do paraugas dijo...

Longa vida á vosa relación! É gratificante ler como comezan novas historias, logo de rematar outras! Mágoa que algunhas rematen de maneira tan traumática!

Anónimo dijo...

Que ben, e pensar que eu xa levo non sei canto con este mozo tannn guapo chamado ubuntu ;o), e que precisamente ti me presentaches , jajajaj
Patricia

Markesa Merteuil dijo...

Falando de fotos para a web do Cubil, viches as miñas de colegiala bicando a calavera? :D

HADEX dijo...

Sí sí que as vin...hehehe......non es nada escrupulosa ti!!!