viernes, 4 de julio de 2008

Un novo amigo

Ata agora e dende hai nove anos, o Buxo foi o noso único amigo canino. Vivimos nun piso e, a verdade, grazas ó seu carácter pacífico e bonachón non tivemos nunca problemas por ter un can tan grande.

O ano pasado, Dani e mais eu mercamos unha finca. Unha vez pechada decidimos que probablemente O Buxo fora máis feliz alí. Iso sí, tiñamos claro que non podía estar só, e tiñamos pensado ir á Protectora a buscarlle un compañeiro. Pero resulta que unha rapaza que non podía seguir tendo ó seu fox terrier preguntounos se coñecíamos a alguén que o quixera: Nós, por suposto. E aquí o tedes, chámase Pinto, ten un ano e é super simpático.






A pesar das agoreiras advertencias que tivemos que oir, lévanse de maravilla dende o primeiro día. Naturalmente, o Buxo célase un pouco pero sen maiores consecuencias.
E aquí estamos os tres (falta Dani que era o que sacaba a foto, coma sempre).



Dende logo, o canciño e moi hiperactivo, pero é moi cariñoso e sociable. Dende o primeiro día se adaptou ó lugar e a verdade é que parece moi feliz. E o Buxo, que xa estaba mais acostumado a pasear polo monte, vive agora nel..... Nós botámolo moito en falta na casa....pero .....seguro que alí se atopará na súa salsa.

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Ainda que botará de menos a vosa compañía, seguro que na finca estará moito máis ledo. Os pisos ainda non che teño moi claro que sexan axeitados para vivir os humanos...para canto máis un cadelo coma o Buxo.
Un bico dende a Chousa

Eticaniano dijo...

Hola, amiguiña "pacífica y bonachona" (lo digo porque dicen que con el tiempo los animales acaban pareciéndose a sus dueños o cuidadores). Creo haber entendido que el nuevo perrito se adaptó pronto; lógico: cuando hay buenas intenciones por parte de todos, las cosas se facilitan. Bicos.

Sucette D´Ment. dijo...

Jeje... ¡qué carita más graciosa tiene Pinto!¡Ese perro es un "salao"!
Un abrazo para ti, Hadex. También para Buxo, Dani y Pinto.

Con afecto:
Sucette D´Ment

javier peña dijo...

Hola amiga, como te prometí, ya he sacado unos minutos para conocer a tu nuevo amigo, me encanta!!! Mira que yo no soy de tener perros aunque no me guste verlos maltratados pero vamos que son muy lindos los tuyos. Por cierto, un gran acierto lo de la finca, es bueno que un perro tan grande tenga sitio para corretear, lo de los pisos es mal negocio. Muitos bicos