lunes, 21 de septiembre de 2009

La isla bajo el mar


Cando lin Cien años de soledad, cometín o erro de ler seguidamente La casa de los espíritus. Daquela os meus coñecementos teóricos acerca da literatura hispanoamericana eran practicamente nulos. Decidín (a ignorancia é moi ousada) que Isabel Allende plaxiara descaradamente a García Márquez. É dicir, non souben entender que o realismo máxico era parte de ese marabilloso universo literario reflexo dunha realidade de vida e crenzas. Volvín a ler obras de Allende, aínda que ningunha me chegou a entusiasmar. Pero agora estou en plena redención.
O sábado, son adicta ao Club de lectura de A vivir que son dos días, Montserrat Domínguez entrevistou a autora con motivo da presentación do seu último libro, La isla bajo el mar. Gustoume o que oín e alá fun a mercalo.
¿Nunca vos sucedeu o feito de desexar non acabar un libro? A mín pásame con algún e este é un dos exemplos. A historia está ambientada en Haití, finais do século XVIII. Ten coma protagonistas aos escravos, aos amos sen escrúpulos, ás persoas que chegaron a plantexarse o inhumano da escravitude, o vudú....É emocionante, intrigante; o seu título responde á lenda de que os escravos que morrían ían a habitar a unha isla baixo o mar. Déixovos a sinopse e anímovos a ler esta obra marabillosa.

Teté apenas tiene nueve años cuando llega a la plantación de monsieur Valmorain. Aunque sufre los caprichos del deseo de su amo, ha crecido sin conocer el látigo de los capataces o el hambre que ha matado a tantos de los suyos.

Pero ella quiere algo más que sobrevivir: anhela el derecho de amar a su hombre, el derecho a ser libre como lo fue en algun momento su abuela en su África natal. Deseos que se estrellan ante la cruel realidad de que una esclava no tiene derecho a nada, ni siquieraa mantener a su lado al hijo que ha concebido de su amo.

Quizá su oportunidad llegue pronto, con la promesa de violencia y revancha que parecen anunciar los tambores en las montañas… y que auguran que las vidas de todos, amos y esclavos, ya nunca serán las mismas.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Curioso, eu tamén lin "La Casa de los Espíritus" pouco despois de "Cien Años de Soledad" e tiven exactamente a mesma impresión ca ti. Tamén lin algún que outro libro de Allende, pero ningún chegou a entusiasmarme tanto coma aquel.
Encántame escoitar as opinións dos demais sobre literatura e libros para poder orientar as miñas preferencias. Coido que me acabaches de convencer para mercar o novo libro de Allende... Espero gozar co libro tanto coma ti. Un saúdo!

nina dijo...

Me encanta Allende, aunque aún no he leido el libro. Me lo apunto a la lista de futuros, la mayor parte de los cuales descansa ya en la pertinente estantería :)

Besos

Markesa Merteuil dijo...

E en xaneiro, penso que dixo, volve escribir... ;)

Barreira dijo...

As historias mais sorprendentes sempre as protagonizan os cativos. Quen me dera non deixar de ser un neno!!!.
Saudos.

Chousa da Alcandra dijo...

Capto esa sensación á que aludes de ter mágoa por ver como vai chegando ó seu final o libro que te ten presa. Cando iso me acontece, non podo evitar rematalo, ainda que sexan as tantas da madrugada...E despois adoito quedar desvelado un bo anaco. Ás veces triste polo final inesperado, outras dándolle ó maxín sobre outro posible final...

Tomo nota da suxerencia, ainda que recoñezo que levo unha temporada preguiceiro para ler.

Bicos

paideleo dijo...

Xa sei que lle regalar á muller polo aniversario !!!.

Raposo dijo...

De Isabel Allende só lin, hai xa bastantes anos, Cuentos de Eva Luna. E gustoume.
Xa vai sendo hora de ler algo mais da autora chilena.

abueloscrisytoño dijo...

Necesitamos tu voto, ¿puedes pasar por mi blog?
Gracias, un saludo A.Cris

abueloscrisytoño dijo...

Nos vendría bien tu voto, ¿puedes pasar por mi blog?
Gracias, un saludo A.Cris

Carlos Sousa dijo...

Este mo apunto para este inverno, que xa fai bastante tempo que non collo un libro, xa se sabe, no verán anda un moito máis líado.