Hoxe traio dúas versións dun mesmo tema:
Eu chorar chorei o domingo a tarde
Eu chorar chorei o domingo a tarde
Que veña Lorenzo, que veña Lorenzo
Que diga verdade.
Que diga verdade pero con cautela
Que diga verdade pero con cautela
Tua nai e meiga, tua nai e meiga
Teño medo dela.
Teño medo dele e ela non me come
Teño medo dele e ela non me come
Tua nai e meiga, tua nai e meiga
Teu pai e un mal home.
En primeiro lugar, a que máis me gusta a min, que é do grupo Dhais. É a miña preferida por moitas razóns, pero ante todo recórdame as noites de troula cando estaba na Facultade.
Boomp3.com
E agora a que me gusta menos, de Uxía Senlle. Aínda que lle recoñezo unha combinación perfecta de estilos e fusión, non me acaba de convencer, aínda que a maioría da xente prefire esta versión:
Boomp3.com
Que opinades vos?
E agora a que me gusta menos, de Uxía Senlle. Aínda que lle recoñezo unha combinación perfecta de estilos e fusión, non me acaba de convencer, aínda que a maioría da xente prefire esta versión:
Boomp3.com
Que opinades vos?
6 comentarios:
Sin quitarlle nin unha chisquiña de mérito á tua elección, eu voume decantar pola vibración afinadísima das cordas vocais de Uxía. Pola sua vocalización en aberto e polo timbre dulce das suas consoantes.
Xa temos empate.
Non vaiao para desempatar, xa que a min a que mais me gusta é a versión que ten de este tema as Leilia. Supoño que a coñecedes, pero ten como moito mais ritmo. Tráeme moi boas lembranzas esta cantiga, de tempos mozos. Sábeme a Allariz. O poder inmenso da música.
Saude rula.
Si che digo a verdade, non sei por cal decantarme, unha ten a voz moi nítida e musicalmente falando, supoño que terá máis valor, a outra é como máis parrandeira, para cantar en grupo.
Non sei, paréceme a mín. Agora ben, sen ningunha dúbida, a millor versión é cando a cantamos os amiguetes despois dunha festiña, Ahí saen todas perfectas.
Unha aperta.
Anda! Pois eu a versión de Leilía non a coñezo, e mira que me gustan.....Buscareina...
Totalmente de acordo contigo Carlos, je je je
Yo creo que eso de meterse con "teu pai" está mu mal en cualquiera de las versiones que se cante...jeje
dhais!!!! que recordos traeme esa cancion cando cantabamola sempre fai uns anos, aissss....bicos
Publicar un comentario