martes, 16 de septiembre de 2008

Tras do Solpor




Ben, pois a editorial Galaxia acaba de publicar a última novela do meu admirado Murakami antes da edición castelá. No caso da última de Paul Auster, Un home na escuridade, saíron as dúas ó mesmo tempo.
Paréceme unha boa política lingüística, non ter que esperar un ano para ler as novidades editoriais en galego. Xa era hora.

A novela de Murakami é ,coma sempre, unha delicia: trascorre nunha noite só, en Toquio. Os protagonistas sempre solitarios na grande urbe. Dito pola editorial:En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, incíciansae e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka on the Shore. Non vos podo contar máis: non vola quero destripar.
A novela é moi cinematográfica esta vez e ten unha banda sonora marabillosa. Aquí vos deixo o tema que da título a obra. Five spot after dark.

3 comentarios:

Manuel (Cedric) dijo...

El argumento de la novela que dices, parece interesante, pues siempre alegra ver que, en una gran ciudad, casi deshumanizada como parece que se han vuelto, se pueden cruzar vidas diferentes, en un momento dado, haciendo un pequeño alto en el imparable giro de la rueda de la Vida...

Y la banda sonora es preciosa, de un estilo de jazz muy clásico, que se deja oir durante horas sin fatiga. Y es curioso que la música se ejecute por una banda multiétnica, cuando ese tipo de música ha sido patrimonio casi exclusivo de los afroamericanos.

Un saludito desde Valencia.

Lúa dijo...

non lin nada del pero voume animar pois parece interesante, bicos!

Carlis dijo...

Lo que dices sobre la novela tiene muy buena pinta y la banda sonora me gusta mucho.

Saludos.