martes, 2 de septiembre de 2008

¿Ignorancia?

Supoño que a estas alturas xa saberedes a que hai montada tras a entrevista que George Steiner, recoñecido intelectual e premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades (!), concedeu ó periódico El País. Para quen non lle preste ler todo deixo aquí a seguinte xoia:


¿Insinúa que el idioma es la raíz del problema? Quizá. Pero, cambiando de tema, me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.

Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano. ¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?

Estes días fálase por aí de ignorancia, de descoñecemento da importancia do galego no estranxeiro.....Uhmmmm, este señor debería saber, xa que tan intelectual é, que calquera lingua, por moi poucos falantes que teña, por moi pouca tradición escrita que teña (non é o caso da nosa dende logo, como todos sabedes),é, ante todo, a representación dunha cultura, dunha maneira de pensar e de vivir e por esa mesma razón, absolutamente respetable e digna de uso e conservación. Parece tan obvio....

17 comentarios:

Manuel (Cedric) dijo...

Toda lengua y cultura merece un respeto, sobre todo cuando está reconocido su uso de forma co-oficial con otra.
Lo que no está bien es pretender imponer una de ellas por la fuerza, menospreciando a la otra ni como una forma de revancha, por tal o cual deuda moral/política/histórica.

En cuanto al uso de la lengua gallega en la literatura, existe una literatura galaico-portuguesa, injustamente olvidada en las facultades de Filología, que tuvo un gran auge en la época medieval, cuando el castellano apenas empezaba su andadura. ¿Es que nadie recuerda las "Cantigas de amigo?" Y la que actualmente se produce, apenas es citada en los medios de comunicación nacionales, como imagino que pasa con otras lenguas vernáculas.

Y que conste que yo vivo en una comunidad autónoma donde conviven dos lenguas (Valenciano y castellano), aparte de ser licenciado en Filología (Aunque, por paradojas de la vida, trabaje de comercial inmobiliario).

Un saludito desde Valencia.

Manuel (Cedric) dijo...

Disculpa, pero no sé lo que ha ocurrido, y el comentario ha salido doble. Ruego elimines uno, si puedes, para no cansar a tus lectores.

Un saludo del amigo valenciano.

HADEX dijo...

Amigo Manuel, totalmente de acuerdo contigo: solamente un matiz. Opino que las en las instituciones (como la Universidad) recae el poder de normalización del uso lingüístico. No hablo de obligatoriedad pero sí de coexistencia al mismo nivel con el fin de extender el buen uso y comprensión de las lenguas.
Naturalmente que tanto el entrevistador como el entrevistado obvien la existencia de la lírica galaico-portuguesa es, en mi opinión, increíble....

Así que filólogo eh? Yo también y también por paradojas de la vida trabajé en hostelería unos cuantos años...ja, ja, ja. Es lo que tiene un filólog@, polifacéticos que somos....

Un biquiño.

Chousa da Alcandra dijo...

Queda ben clariño que a grandeza intelectual (se é que a ten)non sempre vai ligada á grandeza humana (da que está claro que adolece Mr Steiner). O descoñecemento xamais pode ser óbice para ser irrespetuoso cun pobo e cunha cultura. Ímolo respectar por vello; pero polo resto...fágolle chegar o maior dos meus desprezos.
(E despois di que fai o amor en 4 lenguas...mentireiro!)

Uff, nunca tan cabreado estiven no teu blog!!

HADEX dijo...

Sabias as túas palabras, coma sempre, Chousa. Un bico moi grande. Eu tamén estou cabreada con este tipo.

taliesin dijo...

Pois sí que doe escoitar ao Steiner decir que o galego non ten entidade para ser lingua universitaria.
Pero eu prefiro entender qué quere decir o profesor antes de opinar se é ou non un ignorante, que non penso que o sexa.

O que creo que él dí é que para poder expresarse referíndose a asuntos complexos, unha língua precisa un desenvolvimento, unha tradición, unha cultura que, por exemplo, o galego non ten. E esto é unha verdade como un templo que eu vivo nas proprias carnes desde que decidín utilizar o galego para asuntos "complexos".

No meu caso, tento resolver o problema lendo todo o que podo en portugués. A maioría dos profesores, moi poucos, que me deron clase en galego, o resolvían botando mao de expresións casteláns. Esas son as dúas solucións, pois non podemos eliminar unha historia de raquitismo cultural.

Desde logo eu avogo por tirar do portugués, a solución natural aos problemas de futuro do galego. Pero no país, xa sabedes, se está por manter as piores tradicións do minifundismo, que é a mellor maneira de cavar a propria tumba.

Eu case estou por dárllelas grazas ao Steiner por acordarnos dun soño placentero e acomodaticio.

HADEX dijo...

Ti cres, Taliesín (como me gustaban a min as historias do prícipe Taliesín) que a lingua galega non ten unha tradición ou unha cultura suficientes??? Síntoo pero non podo estar dacordo contigo. Para min o portugués é outra lingua, e polo tanto outra representación da realidade e do pensamento.
Graciñas pola túa opinión e pola túa visita.

câosemdono dijo...

Síntoo por Cedric, pero considero que a mención a imposición, revancha ou débeda fede un pouquiño. Se os status quo fosen intocables, a normalización non prosperaría, e en dúas ou tres xeracións o galego ficaria reducido a un elemento folclórico para as estampas costumistas. Eso é o que promoven ou alomenos aceptan con encollementos de ombreiros os de Galicia Bilingüe e adlateres, sufridos cidadáns con aspiracións ecuménicas e universalistas ós que tan gravoso lles resulta aprederen a lingua do lugar no que viven.

Eu lin por riba a famosa entrevista. Ata ese momento recoñezo que non sabía quen era o tal Steiner. O contido parecéume tan baleiro e cheo de lugares comúns e frivolidades que creo que non me aportou nada: é máis, parecéume a típica entrevista de compromiso, lambida e pedante para agasallar e dar publicidade a un premiado cun galardón necesitado de lustre. Nen un enfado merece. Por moito que se empeñen os seus promotores, o premio Principito de Ampurias aínda está a anos luz de poder ser considerado o "nobel latino", ou algunha trangallada similar.

Unha aperta!

HADEX dijo...

Teño que darche toda a razón, Câosemdono, aínda que penso que Cedric se refire a aspectos extralingüísticos....Galicia Bilingüe apesta e os seus argumentos son irrisorios.
Unha aperta e gracias pola túa visita e comentario.

Gemma Ruiz dijo...

Hola Hadex!!

A acabo de leer tu comentario en mi blog. La verdad es que a mí tambien me gustó mucho Belo. Me hice fan fan jejeje. Recuerdo que mi hermana le vio en el METRO!! y le dió recuerdos para mí. Era un chaval muy majo, ojalá tenga suerte. Muchos besitos y gracias x leerme!!

taliesin dijo...

Hadex,

¿a diferencia na percepción da realidade entre galegos e portugueses é moito maior da que existe entre un gaditano e un habitante da patagonia arxentina? ¿falan a mesma lingua?

Sobre se hai ou non cultura abondo … debemos estar a falar de cousas distintas.

Gosto do teu blog.
Un saudo

HADEX dijo...

Amigo Taliesín: cando estaba na facultade asistín a un curso sobre o Español de América e houbo unha conferencia marabillosa sobre o léxico de Cuba. O profesor contaba os problemas de comprensión que tiña ao ler o periódico, por exemplo, por mor da diferencia de significado de certas palabras.Para min esas diferencias sí veñen dadas por diferentes percepcións da realidade.
Non pretendo convencerte, nin moito menos. É unha opinión miña, persoal que daría pé a discusións de horas, je je je.
Un saúdo e grazas de novo polas túas palabras.

O Raposo dijo...

E quen é o papaostias ese, porque de intelectual semella que ten pouco!

Manuel (Cedric) dijo...

Cuando estudié Filología, una vez nos pusieron unas grabaciones en las que se escuchaba hablar en castellano de diversos paises hispanoamericanos, y llamaba la atención la inmensa variedad de acentos, incluso dentro de una misma nación (Hay que tener en cuenta el inmenso tamaño de Argentina o Chile, por ejemplo), así como de los diversos siginificados que una misma palabra puede tener en según el país en el que se diga.

No hace mucho, oí en la radio un programa en el cual se decía, que en los paises anglosajones, las películas y telefilms, realizados en paises angloparlantes, se emitían en su versión original, de manera que para un inglés era bastante fácil averiguar cada acento norteamericano, australiano, canadiense, etc. Mientras que aquí, cuando oimos algo con hacento hispanoamericano solemos decir: "Es argentino, o de por ahí."
Y es que siempre he dicho que es más fácil manejar una masa de gente cuando la incultura, por desgracia, es lo que domina.

Respecto a lo que dice en amigo Taliesin, debo decir que, desgraciadamente, en muchas universidades españolas, y más concretamente en las que yo he conocido, en Valencia, no suele enseñarse apenas nada de gallego o de portugués, lenguas que estuvieron unidas, en su momento, en un tipo de literatura medieval.

Yo estudié la especialidad de Románicas, y al darnos el listado de las asignaturas, manifesté mi extrañeza de que no se ofreciera el portugués, pero sí el italiano. Y no supieron o no quisieron explicarme el por qué de aquello...

Un saludito desde Valencia.

P.D. Te invito a visitar, cuando lo desees, mi blog "Azahar y salitre", donde siempre es bienvenido todo el que vaya en son de paz.

tertulias para perogrullos dijo...

A ese jilipollas había que mandalo a tomar polo cú. Perdón polas palabras mal soantes e iso, pero é que cabreoume moito a entrevista, non a lera, pero se dou con ela eille adicar algún post, como mínimo. Saúdos

tertulias para perogrullos dijo...

Por certo, grazas por dicirme como poñer os enlaces nos comentarios. Saúdos

Carlos Sousa dijo...

hola, primeira visita que che fago, e vaia, menuda noticia que me atopo, non coñecía o Steiner ese, será moi intelectual, pero con opinións así, sin coñecemento de causa, millor non facerlle caso.
Penso que a maioría dos "intelectuais" pecan diso, e teñen demasiada prepotencia.

Un saúdo